PROGRAMACIÓN ABRIL 2019


THE OLD MAN AND THE GUN
Director: David Lowery
USA, 2018
93 min.
Guión: David Lowery, David Grann
Música: Daniel Hart
Fotografía: Joe Anderson
Reparto: Robert Redford, Sissy Spacek, Casey Affleck, Danny Glover, Tika Sumpter,Elisabeth Moss, Tom Waits
Produtora: Identity Films / Wildwood Enterprises
Xénero: Drama
Sinopse: Narra unha historia real, a de Forrest Tucker, un ladrón de bancos que pasou a maior parte da súa vida no cárcere ou tentando escapar dela. De feito, logrou fuxir en 18 ocasións e cometeu o seu último atraco no ano 2000 cando tiña 80 anos.
TRAILER
XOVES 4, ás 19:00h / 21:00h



O SILENCIO DOUTROS [El silencio de otros] 
Directores: Almudena Carracedo, Robert Bahar
España, 2018
95 min.
Guión: Almudena Carracedo, Robert Bahar
Música: Leonardo Heiblum, Jacobo Lieberman
Fotografía: Almudena Carracedo
Produtora: Semilla Verde Productions / Lucernam Films
Xénero: Documental
Sinopse: Revela a loita silenciada das vítimas do longo réxime do Xeneral Franco, que continúan buscando xustiza ata os nosos días. Filmado ao longo de seis anos, a película segue ás vítimas e ós sobreviventes do réxime franquista a medida que organizan a denominada “querela arxentina” e confrontan un “pacto do esquecemento” sobre os crimes que padeceron.
XOVES 11, ás 19:00h / 21:00h

A DECISIÓN [Al rahal]

Director: Mohamed Al Daradji
Irak, 2017
82 min.
Guión: Mohamed Al Daradji, Isabelle Stead
Fotografía: Duraid Munajim
Reparto: Zahraa Ghandour, Ameer Jabarah, Bennet De Brabandere, Michel Kandinsky
Produtora: Human Film
Xénero: Drama
Sinopse: O 30 de decembro de 2006, primeiro día do Eid ao- Adha —a Celebración do Sacrificio, unha das máis sacras festividades musulmás—, Bagdad festexa a reapertura da súa estación de tren. Sara entra na estación coa intención de perpetrar un atentado suicida. Parece vacilar ante a perspectiva de detonar a bomba, pero está determinada a chegar ata o final. Un encontro incómodo con Salam, un vendedor extremadamente locuaz que trata de seducila, frustrará os seus plans. Tras unha serie de acontecementos, Salam acaba como refén de Sara, e tenta disuadila de que siga adiante. Pero está Sara disposta a escoitalo?
XOVES 18, ás 19:00h / 21:00h


O VEREDICTO [The Children Act]
Director: Richard Eyre
Reino Unido, 2017
105 min.
Guión: Ian McEwan
Música: Stephen Warbeck
Fotografía: Andrew Dunn
Reparto: Emma Thompson, Stanley Tucci, Fionn Whitehead, Jason Watkins, Ben Chaplin,Rupert Vansittart,
Produtora: BBC Films / Filmnation Entertainment
Género: Drama
Sinopse: Fiona Maye é unha prestixiosa xuíza do Tribunal Superior de Londres especializada en dereitos familiares que atravesa por unha grave crise matrimonial. Cando chega ás súas mans o caso de Adan, un adolescente con leucemia que se nega a facerse unha transfusión de sangue ao ser Testemuña de Jehová, Fiona descubrirá sentimentos ocultos que descoñecía, e loitará para que Adan entre en razón e sobreviva.
TRAILER
XOVES 25, ás 19:00h / 21:00h



Ningún comentario: