"NOITES DE CINE" AGOSTO-SETEMBRO 2020


PAI NON HAI MAIS QUE UN [Padre no hay más que uno]
Director: Santiago Segura
España, 2019
96 min.
Guión: Marta González de Vega, Santiago Segura
Fotografía: Ángel Iguacel
Reparto: Santiago Segura, Toni Acosta, Silvia Abril, Leo  Harlem, Luna Fulgencio, Carlos González  Morollón, Calma Segura
Produtora: Bowfinger International Pictures, Sony Pictures España
Xénero: Comedia
Sinopse
Javier é o que bautizamos como un “marido- cuñao”. Ese que sen ocuparse en absoluto do que supón o coidado da casa e dos nenos, sabe perfectamente que é o que hai que facer, e que continuamente regala á súa muller frases do tipo: “É que non te organizas”, ou “non te poñas nerviosa”, xa que considera que a súa desbordada muller afógase nun vaso de auga. Javier terá que enfrontarse á realidade que supón  bregar con cinco fillos (de entre catro e doce anos) cando a súa muller decide irse de viaxe e deixarlo só con eles. A caótica situación que se provoca na casa evolucionará de forma progresivamente cómica ata o desastre máis absoluto, pero á vez daralles a oportunidade a pai e fillos de coñecerse e gozarse por primeira vez.  Unha experiencia que cambiará as súas vidas para sempre.
TRAILER
Xoves 6, ás 22:30h / VILANOVA. Pista deportiva
Apta para tódolos públicos

MEDITERRÁNEO
Director: Gabriele Salvatores
Italia, 1991
90 min.
Guión: Enzo Monteleone
Música: Giancarlo Bigazzi, Marco Falagiani
Fotografía: Italo Petriccione
Reparto: Claudio  Bigagli, Diego  Abatantuono,  Giuseppe  Cederna,  Ugo  Conti,  Gigio Alberti,  Memo  Dini
Produtora: A.M.A. Film, Televisione Penta
Xénero: Comedia
Sinopse: Segunda Guerra Mundial. Oito soldados recibiron a orde de desembarcar nunha pequena e insignificante illa grega. A súa misión é custodiala, dado que ten un alto valor estratéxico. Cando conseguen chegar a terra, a súa nave afundiuse e a radio estragouse. O lugar, que ao principio parecía deserto, en realidade está habitado por mulleres, anciáns e nenos. Os oito homes, illados da fronte e da realidade, empezan a integrarse rapidamente entre os veciños, chegando mesmo a esquecerse de que son soldados e
están en guerra.
TRAILER
Xoves 13, ás 22:30h / SAN ROQUE. Pista deportiva 
Non recomendada para menores de 13 anos


YESTERDAY
Director: Danny Boyle
Reino Unido, 2019
116 min.
Guión: Richard Curtis 
Música: Daniel Pemberton 
Fotografía: Christopher Ross
Reparto:  Himesh  Patel,  Lily James, Kate  McKinnon, Ed  Sheeran,  Lamorne Morris,  Ellise  Chappell
Produtora:  Working Title Films, Etalon film
Xénero: Comedia
Sinopse: Un músico que loita por abrirse camiño dáse conta de que é a única persoa no mundo capaz de lembrar aos  Beatles.
Xoves 20, ás 22:30h / CALABAGUEIROS. Pistas deportivas / piscinas
Apta para tódolos públicos






SOMBRA [Shadow]
Director: Zhang Yimou
China,  2018
116 min.
Guión: Zhang Yimou, Wei Li
Música: Lao Zai
Fotografía: Zhao Xiaoding
Reparto: Deng Chao,  Sun Li,  Ryan  Zheng,  Guan  Xiaotong,  Wang  Jingchun,  Wang  Qianyuan
Produtora: Village Roadshow Pictures Asia, LeVision Pictures, 
Xénero: Drama
Sinopse: O condado de Pei ( Peixian) está baixo a administración dun rei salvaxe e perigoso. O comandante militar do seu exército, aínda que demostrou a súa valía no campo de batalla, vese forzado a empregar toda clase de sucias estrataxemas para poder sobrevivir ás traizóns que se suceden na corte do rei. Para iso creou unha "sombra" , un dobre que é capaz de enganar ao mismísimo rei e aos seus inimigos cando a situación o  require. Cando o rei e o comandante deciden asediar a cidade amurallada de Jing, comezará un combate sen igual que sacudirá os cimentos da corte de Peixian.
Xoves 27, ás 22:30h / Praza Maior
Non recomendada para menores de 16 anos

MIDWAY
Director: Roland Emmerich
USA, 2019
138 min.
Guion: Wes Tooke
Música: Harald Kloser, Thomas Wanker
Fotografía: Robby Baumgartner
Reparto: Ed Skrein, Woody Harrelson, Patrick Wilson, Luke Evans, Dennis Quaid, Aaron Eckhart, Nick Jonas, Mandy Moore
Produtora: Centropolis Entertainment, Starlight Culture Entertainment
Xénero: Bélico
Sinopse: Ano 1942, Segunda Guerra Mundial. Despois do devastador ataque sorpresa que destruíu Pearl Harbor, a Armada Imperial Xaponesa prepárase para un novo ataque. Pero o almirante Nimitz e Dick Best, o mellor piloto da armada estadounidense, preparan un contraataque contra o impoñente exército xaponés. Así, Best levará un ataque masivo que fará que Xapón se dea conta do seu erro. Unha decisión que cambiou o curso da historia para sempre.
Xoves 2, ás 22:30h / Praza do Sagrado
Non recomendada para menores de 12 anos














Ningún comentario: