PROGRAMACIÓN DECEMBRO 2018



O FOTÓGRAFO DE MAUTHAUSEN 
Director: Mar Targarona
España, 2018
110 min.
Guión: Roger Danès, Alfred Pérez Fargas
Música: Diego Navarro
Fotografía: Aitor Mantxola
RepartoMario Casas, Richard van Weyden, Alain Hernández, Adrià Salazar, Stefan Weinert,Macarena Gómez, Frank Feys
Produtora: Televisión Española (TVE) / FilmTeam / Rodar y Rodar
Xénero: Thriller
Sinopse:
Coa axuda dun grupo de prisioneiros españois que lideran a organización clandestina do campo de concentración de Mauthausen, Francesc Boix, un preso que traballa no laboratorio fotográfico, arrisca a súa vida ao planear a evasión duns negativos que demostrarán ao mundo as atrocidades cometidas polos nazis. Miles de imaxes que mostran desde dentro toda a crueldade dun sistema perverso. As fotografías que lograron salvar Boix e os seus compañeiros foron determinantes para condenar a altos cargos nazis nos xuízos de Núremberg en 1946. Boix foi o único español que asistiu como testemuña.
Xoves 6 ás 19:45h  
Luns 10 ás 20:45h



ESTREA NACIONAL PRESENTADA POLO DIRECTOR XACIO BAÑO
TROTE 
Director: Xacio Baño
Galicia, 2018
83 min.
Guión: Xacio Baño, Diego Ameixeiras
Reparto: María Vázquez, Celso Bugallo, Diego Anido, Tamara Canosa
Produtora: Frida Films & Ciobreliai Films
Xénero: Drama
Sinopse:
Filla de. Irmá de. Carme vive nunha aldea das montañas do interior de Galicia xunto ao seu pai Ramón, co que apenas se comunica, e a súa nai enferma. Traballa nunha panadería e necesita escapar dese ambiente opresivo, pero as circunstancias sempre lle impediron dar o paso. Trotar. Fuxir.
Trote transcorre durante a fin de semana en que se celebra a "Rapa das Bestas”, a loita ancestral do home e o cabalo. A aldea comeza a prepararse para a festa. Luís, o seu irmán maior, volve á casa familiar por uns días coa súa parella María. 
Trote é a loita entre o home e o cabalo, entre a razón e o instinto.
Xoves 13 ás 20:30h  
Luns 17 ás 20:45h.


Xoves 20 ás 19:00h e 21:00h.
QUEN TE CANTARÁ 
Director: Carlos Vermut
España , 2018
125 min.
Guión: Carlos Vermut
Música: Alberto Iglesias
Fotografía: Eduard Grau
Reparto: Najwa Nimri, Eva Llorach, Carme Elías, Natalia de Molina, Julián Villagrán, Vicenta N' Dongo, Inma Cuevas, Ignacio Mateos
Produtora:  Apache Films / Áralan Films / Les Films du Worso
Xénero: Drama
Sinopse:

 Lila Cassen era a cantante española con máis éxito dos noventa ata que desapareceu misteriosamente dun día para outro. Dez anos despois, Lila prepara a súa triunfal volta aos escenarios pero, pouco antes da esperada data, perde a memoria ao sufrir un accidente. Violeta vive dominada pola súa conflitiva filla Marta. Cada noite escapa da súa realidade facendo o único que a fai feliz: imitar a Lila Cassen no karaoke onde traballa. Un día Violeta recibe unha fascinante proposta: ensinar a Lila Cassen a volver ser Lila Cassen.
Xoves 20 ás 19:00h e 21:00h


LAZZARO FELIZ [Lazzaro felice]
Director: Alice Rohrwacher
Italia, 2018
125 min.
Guión: Alice Rohrwacher
Fotografía: Hélène Louvart
Reparto: Alba Rohrwacher, Adriano Tardiolo, Agnese Graziani, Luca Chikovani, Sergi López, Natalino Balasso, Tommaso Ragno, Nicoletta Braschi, Leonardo Nigro
Produtora: Tempesta / Amka Films Productions / Ad Vitam Production
Xénero: Drama
Sinopse: 
Lazzaro, un mozo campesiño de excepcional bondade, vive na Inviolata, unha aldea que permaneceu afastada do mundo e é controlada pola marquesa Alfonsina de Lúa. Alí, a vida dos campesiños non cambiou nunca; son explotados, e eles, á súa vez, abusan da bondade de Lazzaro. Un verán, faise amigo de Tancredi, o fillo da Marquesa. Entre eles xorde unha amizade tan preciosa que fará viaxar a Lazzaro a través do tempo e levaralle a coñecer o mundo moderno.
Xoves 27 ás 19:00h e 21:00h 

Ningún comentario: