PROGRAMACIÓN FEBREIRO 2019



SOBRE RODAS [Tout le monde debout]
Dirección: Frank Dubosc 
Francia , 2018
107 min.
Guión: Franck Dubosc
Música: Sylvain Goldberg, Emilien Levistre, Xiaoxi Levistre
Fotografía: Ludovic Colbeau-Justin
Reparto: Franck Dubosc, Alexandra Lamy, Elsa Zylberstein, Gérard Darmon, Caroline Anglade, Laurent Bateau, Claude Brasseur, François- Xavier Demaison
Produtora: Gaumont International Television / Umedia
Xénero: Comedia
Sinopse: Jocelyn é un home de negocios exitoso, ligón e un mentireiro compulsivo. Cansado de si mesmo atópase, a pesar de todo, trata de seducir a unha nova e bonita muller facéndose pasar por discapacitado. Pero todo cambia o día en que esta lle presenta á súa irmá nunha cadeira de rodas.
TRAILER
Xoves 7, ás 19:00h e 21:00h



THE GUILTY [Den skyldige]
Director: Gustav Möller 
Dinamarca , 2018
85 min.
Guión: Emil Nygaard Albertsen, Gustav Möller
Música: Carl Coleman, Caspar Hesselager
Fotografía: Jasper Spanning
Reparto: Jakob Cedergren, Jessica Dinnage, Omar Shargawi, Johan Olsen, Maria Gersby, Jakob Ulrik Lohmann, Laura Bro
Produtora: Nordisk Film
Xénero: Thriller
Sinopse: Asger Holm, un oficial de policía, foi suspendido temporalmente das súas funcións e relegado a operador do servizo de emerxencias. Durante a súa rutineira quenda de noite, recibe a estraña chamada dunha muller aterrada. A pesar da súa reacción de sorpresa, Asger dáse conta de que a muller alén do teléfono foi secuestrada, e é entón cando comezará a procura. Recluido na súa mesa na central de emerxencias, Asger terá que localizar e axudar á muller en perigo coa axuda dos seus compañeiros en todo o país. Conforme pasan os minutos, Asgar terá que enfrontarse non só á precipitación dos acontecementos relacionados co caso, senón tamén aos seus propios demos persoais.
Xoves 14, ás 19:00h e 21:00h


SILVIO E OS OUTROS [Loro: International Cut]
Director: Paolo Sorrentino
Italia, 2018
150 min.
Guión: Paolo Sorrentino, Umberto Contarello
Música: Lele Marchitelli
Fotografía: Luca Bigazzi
Reparto: SinopToni Servillo, Elena Sofia Ricci, Riccardo Scamarcio, Kasia Smutniak, Euridice Axén, Fabrizio Bentivoglio
Produtora: Indigo Film / Pathé / France 2 Cinema
Xénero: Drama
Sinopse: Silvio Berlusconi atópase no momento máis complicado da súa carreira política, recentemente saído do goberno e coas acusacións de corrupción e das súas conexións coa mafia a piques de chegar aos xulgados. Sergio Morra é un atractivo home feito a si mesmo que soña con dar o salto dos seus cuestionables negocios de provincia a escala internacional. O camiño máis rápido para conseguilo é achegarse a Silvio, o home máis poderoso de Italia. Para Sergio só hai unha maneira de chamar a atención de Il Cavaliere: as festas, as velinas, as extravagancias e o exceso.
Xoves 21, ás 18:30h e 21:00h




O GRAN BAÑO [Le grand bain]
Director: Gilles Lellouche
Francia, 2018
110 min.
Guión: Gilles Lellouche, Ahmed Hamidi, Julien Lambroschini
Música: Jon Brion
Fotografía: Laurent Tangy
Reparto: Mathieu Amalric, Guillaume Canet, Benoît Poelvoorde, Jean- Hugues Anglade, Virginie Efira, Leïla Bekhti.
Produtora: Les Productions du Trésor / Chi-Fou-Mi Productions
Xénero: Comedia
Sinopse: En plena crise dos corenta, un peculiar grupo de homes decide formar o primeiro equipo nacional de natación sincronizada masculino. Desafiando estereotipos e ignorando a incomprensión dos que lles rodean, mergúllanse nunha insólita aventura que os levará a facer fronte ás dificultades e a sacar o mellor de se mesmos grazas á ilusión e o traballo en equipo.
TRAILER
Xoves 28, ás 19:00h e 21:00h








Ningún comentario: