PROGRAMACIÓN SETEMBRO 2018

O DOUTOR DA FELICIDADE [Knock] 
Director: Lorraine Levy 
Francia, 2017 
113 min. 
Guión: Jules Romains 
Música: Cyrille Aufort 
Fotografía: Emmanuel Soyer 
Reparto: Omar Sy, Ana Girardot, Alex Lutz, Hélène Vincent, Pascal Elbé, Audrey Dana 
Produtora: Curiosa Films / Moana Films 
Xénero: Comedia 
Sinopse
Knock, un estafador arrepentido convértese en médico, e chega ao pequeno pobo de Saint- Maurice para aplicar un "método" destinado a facerlle rico: vai convencer á xente de que todo san é un enfermo que ignora que o é. E para iso, debe atopar a cada un a enfermidade real ou imaxinaria que sofre. Mestre na arte da sedución e da manipulación, Knock está a piques de alcanzar os seus fin.
XOVES 20,  ás 20:30h
DOMINGO 23, ás 19:30h



SÓ [Solo] 
Director: Hugo Stuven 

España, 2018 

92 min. 
Guión: Santiago Lallana, Hugo Stuven 
Música: Sergio Jiménez Lacima 
Fotografía: Ángel Iguacel 
Reparto: Alain Hernández, Aura Garrido, Ben Temple, Leticia Etala 
Produtora: Miramar Media Entertaiment / Playa Jarugo AIE 
Xénero: Drama 
Sinopse: 
Forteventura. Setembro de 2014. En busca da onda perfecta, o novo surfeiro Álvaro Biscaíño precipítase por un cantil na zona máis inaccesible da illa. O que ía ser unha incrible xornada deportiva transfórmase en 48 horas de agonía extrema. Co corpo malferido e a cadeira rota, deberá vencer a unha natureza implacable e facer fronte aos seus propios medos para tentar sobrevivir... Baseada en feitos reais.
XOVES 27, ás 20:30h
DOMINGO 30, ás 19:30h

Ningún comentario: