PÁXINAS

mércores, 2 de decembro de 2015

Esta semana temos unha programación variadisima que se alonga no ponte da constitución

Abrimos este xoves 3 no horario de sempre as 20:30 no sitio de sempre: Teatro Lauro Olmo do Barco con unha película que nos mostra a realidade de este país : B dirixida por David Llundai contanos o que se dixo o 15 de xullo na sala da Audiencia Nacional na declaración de Luis Bárcenas. A calcada declaración de ese día pode pasar por unha pelicula documental pero é  unha re-creación con actores que intenta achegarse o maís posible a realidade. Para maís información pinchade os links que siguen.
Repetirase o domingo 6 as 7 da tarde no mesmo lugar.
http://www.blapelicula.com/
http://www.blapelicula.com/
 O longo dos días da ponte en concreto os dias 6 e 8 as 5 da tarde no Teatro Lauro Olmo proxectarase a película infantil :Pinocho e a sua amiga coco dirixida por Anna Justice que nos conta as aventuras do Pinocho creado por Geppetto na procura de atopar a sua identidade e pasar de ser un meco de pao a unha persoa normal  ca xuda da sua amiga coco .Mirade estes  links para faceros unha idea:
http://www.filmaffinity.com/es/film595609.html
https://www.youtube.com/watch?v=hiQEN2YEz2A

Para rematar o día 8 as 7 da tarde en colaboración da Asociación do Camiño do Inverno por Valdeorras proxectarase o documental Walking the camino dirixido por Lydia B. Smith con numerosos premios nas suas alforxas para mostrarnos o que move a facer o Camiño de Santiago a numerosas persoas de todo o mundo . 
Este documental será gratuito ata completar o aforo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario