Onte, domingo, foi inaugurada a XXVI SEMANA DE CINE co acto de apertura da exposición de pintura de CHERE, "Cine de vicio", unha interesante colección de cadros sobre o erotismo no cine.
Coa sala ao completo, XACIO BAÑO recibiu o homenaxe do Cine Club "Groucho
Marx" séndolle asignada a butaca de honor da sala do Teatro Lauro Olmo que
a partir de agora levará o seu nome inscrito nunha placa. A continuación foi
proxetada a súa multipremiada curtametraxe
"ECO"
Para rematar, tivo lugar o CONCERTO DE PIANO "Música no Cine", interpretado por Severiano Casalderrey, cun completo programa de bandas sonoras cinematográficas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario