PROGRAMACIÓN MAIO 2025

FILMEI PAXAROS VOANDO
Dirección: Zeltia Outeiriño González
Galicia, 2024
100 min.
Guión: Zeltia Outeiriño González
Fotografía: Zeltia Outeiriño González, Lucía C. Pan
Compañías: Ringo Media, Sétima
Xénero: Documental
Sinopse: Zeltia regresa a Galicia para rodar sobre a alienación da súa familia. Pero todo cambia cando a súa nai, Socorro, empeora de saúde e, a través dos coidados, reavívase o seu vínculo.
TRAILER
Mércores 7, ás 17:00h /20:00h









PREFIRO CONDENARME

Dirección: Margarita Ledo Andión
Galicia, 2024
88 min.
Guión: Margarita Ledo Andión, Eva Veiga
Reparto: Mónica Camaño, Melania Cruz, Iria Pinheiro
Música: Carme Rodríguez
Fotografía: Alberte Branco
Compañías: Nós Produtora Cinematográfica Galega S.L
Xénero: Documental. Drama
Sinopse: Parte dun xuízo por adulterio contra unha mariscadora da ría de Ferrol durante a ditadura, en 1972. O Tribunal eclesiástico de Compostela, que asume competencias civís, contra todo prognóstico absolve a Sagrario Ribela Fra. Ten 33 anos. Recompoñer as pezas desta historia lévanos a un personaxe popular capaz de confrontar as regras que, tamén no terreo dos afectos, encérrana nun papel de subalterna. E se emerxe a violencia, os malos tratos, a falta de dereitos á vez que unha atmosfera social opresiva, en realidade do que trata a película é do que todas e todos desexamos: querer e que che queiran.
TRAILER
Mércores 14, ás 17:00h /20:00h

XUSTIZA ARTIFICIAL

Dirección: Simón Casal
Galicia, 2024
98 min.
Guión: Simón Casal, Víctor Sierra
Reparto: Verónica Echegui, Tamar Novas, Alba Galocha
Música: Sofía Oriana Infante
Fotografía: Diego Cabezas
Compañías: Abano Producións, Prime Vídeo
Xénero: Thriller
Sinopse: O goberno español anuncia un referendo para aprobar un sistema de Intelixencia Artificial na Administración de Xustiza que promete automatizar e despolitizar a xustiza substituíndo, na práctica, aos xuíces e xuízas en todos os tribunais do país. Carmen Costa, unha recoñecida xuíza, é convidada a traballar no desenvolvemento do proxecto, pero a repentina desaparición de Alicia Kóvack, creadora do sistema, provoca unha gran desconfianza nela, ata o punto de entender que está a descubrir a punta do iceberg dunha conspiración que pretende controlar, desde a xustiza, a todo un país.
TRAILER
Mércores 21, ás 17:00h /20:00h

A LOITA FINAL

Dirección: Enrique Banet
Galicia, 2024
98 min
Produción: Mabel Rivera
Documentación: Mabel Rivera
Xénero: Documental
Sinopse. Aborda o problema da excesiva eucaliptización de Galicia, ligado á proxectos industriais extractivistas como o de ENCE na Ría de Pontevedra e a pretendida instalación de ALTRI-GREENFIBER na Ulloa. Proxectos que poñen en serio perigo os nosos ríos e rías, a calidade de vida, a saúde das persoas e a economía da zona onde se implantan e onde os empregos que se crearían serían moitos menos dos prometidos e, pola contra, a destrución de boa parte dos existentes nos diferentes sectores.
TRAILER
Xoves 29, ás 20:00h


Ningún comentario:

Publicación dest

PROGRAMACIÓN MAIO 2025

 PROGRAMACIÓN MAIO 2025