luns, 22 de xuño de 2015

Pechamos a temporada con o oscar 2015 o mellor documental:citizenfour de Laura Poitras

O Cine Club Groucho Marx pecha a temporada 2014-2015 agradecendo a resposta tanto de socios como publico en xeral a sua programación. Rematamos pois con un documental que acadou o oscar de este ano: Citizenfour de Laura Poitras un fillm que colecionou unha ristra de premios ala por donde pasou  e que nos conta un evento que cambiou a historia : as revelacións de Edward Snowen.
Os horarios teñen unha variante o xoves 25 que por estar a sala ocupada en vez de 8,30 será as 10,30 da noite o pase do domingo é como sempre as 8 da tarde. Boas Vacacións. Nos retornamos coa XXV SEMAN DE CINE  a partir do 21 de agosto.
http://www.labutaca.net/peliculas/citizenfour/
https://www.youtube.com/watch?v=6SUTBAWvuvk

mércores, 17 de xuño de 2015

EDIFICIO ESPAÑA é a terceira proposta do mes do documental do Cine Club Groucho Marx

Edificio España documental dirixido por Victor Moreno sobre un emblematico inmueble da Plaza de España en Madrid. Censurado nos tempos que corren pudo por fin proxectarse e nos consideramos que merece a pena votar unha ollada o seu contido.
Proxeción xoves 18 as 8,30 e domingo 21 as 8 da tarde Na Casa da Cultura do Barco
http://www.rtve.es/alacarta/videos/dias-de-cine/edificio-espana/2459778/
https://vimeo.com/41368142

xoves, 4 de xuño de 2015

Xuño = a documentáis.

Unha vez o ano non fai daño asi que este mes de xuño o Cine Club Groucho Marx dedicará as suas proxeción a dito xenero con 4 suxerentes títulos :
Esta semana días 4 as 20:30 e 7 as 20 h. MUCHO MÁS QUE MIEL. ( more than honey) en v.o.s. dirixido por Markus Imhoof premiado en multiples festivais o documental vainos levar polos cinco continentes seguindo o fascinante mundo das abellas.
http://www.sensacine.com/peliculas/pelicula-209900/

o resto do mes proxectaremos :
11-14: COSTA DA MORTE DE LOIS PATIÑO
18-21: EDIFICIO ESPAÑA DE VICTOR MORENO
25-28:CITIZENFOUR DE LAURA POITRAS