luns, 25 de abril de 2016

Xa é primaveira no Cine Club: unha deliciosa comedia francesa con menos lobos

Primavera en Normandía é un film francés  de Anne Fontaine que nos conta como Martín un rico parisino retirado en Normandía intenta que os seus veciños chamdos como os persoaxes da obra de Flaubert (Madame Bovary) teñan mellor final que na novela. Comedia francesa para recuperar a tranquilidade e normalidade das sesións do cine club que ten que, por motivos de  programación adiantar a sesión do xoves a maña mercores 27, sera as 20:30 na Casa da Cultura do Barco e repetiremos  o domingo día 1 as 7 da tarde no mesmo lugar.
Moitas gracias pola acollida a Lobos Sucios estamos na rodaxe da segunda parte: Menos lobos c...
Toda a información sobre Primavera en Normandia pinchando nos enlaces que siguen:
http://www.filmaffinity.com/es/film147224.html

martes, 19 de abril de 2016

Maís sesións para Lobos Sucios pola demanda popular

O cine club Groucho Marx amplia esta semana o número de proxeccións da película Lobos Sucios debido o éxito de publico da mesma. O pases serán o xoves 21 as 9 da noite o sabado 23 as 8 e as 10,30 o domingo: 24 as 6 e as 8 da tarde e o luns: 25 as 8,30. Esperamos con esto poder chegar a todos os espectadores. Moitas gracias pola resposta acadada. Toda a informaciòn sobre a película podela ver pinchando os enlaces anteriores deste blog. 

martes, 12 de abril de 2016

Esta semana no cine club : LOBOS SUCIOS de Simón Casal

Chega o cine club en estrea : Lobos Sucios de Simón  Casal conta a  historia  Manuela (Marian Álvarez), un mineiro que sofre rexeitamento doutros por ser a metade bruxa, decide roubar os nazis para intentar curar a súa filla enferma. Nesta aventura, coa axuda de Candela (Manuela Velles), a súa irmá máis nova. O que se pretende é amosar como dous minería galego podería cambiar o curso da historia durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945). A película está ambientada nas minas de volframio galegas que foron explotadas polos nazis durante a guerra e é vagamente baseado en feitos, historias e personaxes reais acontecidos moi cerca nas  canteiras de Casaio.
Os pases serán este xoves 14 as 20:30, o sabado 16 as 22:30 o domingo 17 as 8 da tarde e o luns 18 as 20:30 na Casa da Cultura do Barco.
http://simoncasal.es/project/lobos-sucios-dirty-wolves/



martes, 5 de abril de 2016

O cine club dase unha volta polos preámbulos do nazismo

13 minutos para matar a Hitler de Oliver Hirschbiegel conta a historia dun obreiro alemán que intentou en 1939 deter a carreira de Hitler hacia o poder en Alemania. O director de El Hundimiento mostranos a vida de este home que intuindo o que pasaria no seu país intentou paralo e fracasou. Os pases serán coma sempre o xoves 7 as 20,30 e o domingo 10 as 7 da tarde na Casa da Cultura do Barco . Para maís información tedes os enlaces debaixo. 
http://www.elseptimoarte.net/peliculas/georg-elser-9866.html