luns, 25 de xaneiro de 2016

Ollo o piollo esta semana cedemos o día, xoves, para que se poda celebrar un concerto pola paz no día universal da mesma

Estando como estamos sempre abertos a todo tipo de iniciativas que amplíen o panorama cultural,  un concerto de música pola paz dos rapaces do conservatorio do Barco, trasladamos a nosa proxeción do xoves para o mercores 28 as 20:30 da tarde e mantemos o domingo 31 as 7 da tarde para ver unha interesante película dirixida por Noah Baumbach: Mientra seamos jóvenes que nos contará a dificultades que ten cualquer parella para afrontar a temida crisis dos 40 cuando se empeza a comer o coco sobre si na sua vida falta algo ainda que non saben moi ben o que.... e descubren a outra parella maís xoven con outra forma de enfocar a vida, que non vos tire para atras ver que traballa ben stiller que nesta esta moi ben ; por certo necesitamos maís socios e que os que ainda non pagasteis a cuota anual o fagades pro fa...Maís información nos enlaces


http://www.labutaca.net/peliculas/while-were-young/

mércores, 20 de xaneiro de 2016

Esta semana poñemoslle o postre con dulce a festa do botelo.

Unha pasteleria en Tokio dirixida por Naomi Kawasi na que un pasteleiro en Tokio descubre como as mans duha anciana van cambiar o seu negocio e a sua vida.
Complementando a 16ª festa do botelo no Barco o cine club pon o postre a mesma con esta dulce pelicula dirixida por Naomi Kawasi de quen recentemente no nadal disfrutamos de augas tranquilas. Xoves 21 as 20:30 e domingo 24 as 19 h. Na Casa da Cultura do Barco

Maís informacion nos enlaces que siguen:
http://www.sensacine.com/peliculas/pelicula-235589/
http://www.labutaca.net/trailers/una-pasteleria-en-tokio-trailer-en-espanol/

mércores, 13 de xaneiro de 2016

Retomamos a normalidade e imos a Cuba

Agustí Villaronga dirixe este drama situado nos anos 90 na capital de Cuba: El Rey de la Habana. Premiada en San Sebastián esta pelicula retoma a programación normal no cine club Groucho Marx que proxectará este próximo xoves 14 as 20:30 e o domingo 17 as 19 h. no Teatro Lauro Olmo do Barco.
Toda a información sobre a mesma pinchando nos enlaces que van a continuación:
 https://www.youtube.com/watch?v=RyuPTRvb_K4
http://www.filmaffinity.com/es/film190719.html


martes, 5 de xaneiro de 2016

Rematamos o Nadal con a repetición da peli dos pavos e cantando co coro

O día de reies no Teatro Lauro Olmo as 5 da tarde rematamos o ciclo infantil repetindo Free Birds  e pola tarde as 7 da tarde estreamos : O Coro de François Girard con Dustin Hoffman de protagonista.
Cine tipicamente navideño para todos os publicos



 http://www.labutaca.net/peliculas/el-coro-boychoir/

venres, 1 de xaneiro de 2016

Feliz ano a todos. Hoxe día 1 temos duas películas

O cine club Groucho Marx desea que teñades un bon ano 2016.n Pola sua parte empeza dito ano ofertando duas películas: unha para nenos con un regalo. E outra para non tan nenos para poder disfrutar do bo cine.
Hoxe dia 1 as 5 da tarde no Teatro Lauro Olmo daremos Free Birds (Vaya Pavos) e coa entrada regalamos outra para ver o proximo domingo dia 3 Los Boxtrolls. 2x1 mellor imposible. A disfrutar. 
https://www.youtube.com/watch?v=2555gVOKAvY

A patir das 7 da tarde en sesón normal de cine club desplazada para hoxe por ser dia que é proxectamos : El Club de Pablo Larrain unha mirada sobre un problema que hoxe e sempre esta de actualidade.
para maís información sobre as peliculas pinchade nos enlaces que acompañan.



Publicación dest

PROGRAMACIÓN MAIO 2026. DÍA DAS LETRAS GALEGAS

PROGRAMACIÓN MAIO 2026 DÍA DAS LETRAS GALEGAS