CINE INFANTIL NADAL 2017

AS AVENTURAS DE TADEO JONES
Dirección: Enrique Gato
España, 2017
81 min.
Guión: Jordi, Gasull, Neil Landau
Música: Zacarías M. de la Riva
Produtora: Telecinco Cinema / Telefónica Producciones
Xénero: Animación
Sinopse:

Tadeo Jones viaxa ata Las Vegas para asistir á presentación do último descubrimento da arqueóloga Sara Lavroff: o papiro que demostra a existencia do Colar de Midas, o mítico rei que convertía en ouro todo aquilo que tocaba. Pero o feliz reencontro verase enturbado cando un malvado ricachón secuestra a Sara para poder atopar o talismán e conseguir riquezas infinitas. Xunto aos seus amigos o papagaio Belzoni e o seu can Jeff, Tadeo terá que facer uso do seu enxeño para rescatar a Sara, nunha viaxe por medio mundo, onde atopará novos amigos e novos viláns!
MARTES 26, ás 16:00h e ás 18:00h

CARS 3
Dirección: Brian Fee
USA, 2017
109 min.
Guión: Kiel Murray, Bob Peterson, Mike Rich
Música: Randy Newman
Produtora: Pixar Animation Studios
Xénero: Animación
Sinopse:
Sorprendido por unha nova xeración de corredores ultrarrápidos, o lendario Raio McQueen queda relegado repentinamente do deporte que tanto ama. Para retomar a súa carreira, vai necesitar a axuda dunha moza mecánica de carreiras, Cruz Ramírez, que ten o seu propio plan para gañar, ademais da inspiración do falecido Fabuloso Hudson Hornet e un par de xiros inesperados. E para probar que o nº 95 non está nin moito menos acabado, o campión terá que poñer a proba a súa valía no gran circuíto da Copa Piston!
MARTES 2, ás 16:00h e ás 18:00h


O TEU MELLOR AMIGO [A Dog's Purpose]
Dirección: Lasse Hallström
USA, 2017
100 min.
Guión: C. Michon, W. Bruce Cameron, Audrey Wells, 
Música: Rachel Portman
Fotografía: Terry Stacey
Reparto: Dennis Quaid, Britt Robertson, Bryce Gheisar, Juliet Rylance
Produtora: Universal / Amblin Entertainment
Xénero: Drama
Sinopse
Un can tenta descubrir o seu propósito na vida a medida que vai pasando por distintos donos. A través de diversas reencarnacións como Toby, Bailey e Buddy, un mesmo can terá a oportunidade de vivir tres vidas distintas e así descubrir o propósito da súa existencia á beira dos humanos.
MÉRCORES 3, ás 16:00h e ás 18:00h


SÓ NA CASA 
Dirección: Chris Columbus
USA, 1990
100 min.
Guión: John Hughes
Música: John Williams
Fotografía: Julio Macat
Reparto: Macaulay Culkin, Joe Pesci, Daniel Stern, John Heard
Produtora: 20th Century Fox / Hughes Entertainment
Xénero: Comedia
Sinopse

Kevin McAllister é un neno de oito anos, membro dunha familia numerosa, que accidentalmente queda abandonado na súa casa cando toda a familia márchase a pasar as vacacións a Francia. Kevin aprende a valerse en por si e mesmo a protexerse de Harry e Marv, dous bribones que se propoñen asaltar todas as casas pechadas da súa veciñanza. en canto a súa nai bótao en falta, regresa apresuradamente a Chicago para recuperar ao seu fillo
XOVES 4, ás 16:00h 


Ningún comentario: