XXVII SEMANA DE CINE. PROGRAMACIÓN

CINE DE ACTUALIDADE


UNHA HISTORIA DE TOLOS [Une histoire de fou]
Dirección: Robert Guédiguian
Francia 2015, 134 minutos
Guión: Robert Guédiguian, Gilles Taurand
Fotografía: Pierre Milon
Música: Alexandre Desplat
Produción: Agat Films, Cie
Intérpretes: Ariane Ascaride, Syrus Shahidi, Grégoire Leprince-Ringuet, Simon Abkarian, Razane Jammal, Serge Avedikian
Xénero: Drama

SINOPSE
Anos 80. O mozo Aram, un marsellés de orixe armenio, fai explotar o coche do embaixador de Turquía en París. Nese momento, un ciclista que pasaba por alí é ferido de gravidade. A nai do terrorista se sente culpable e sente a necesidade de ir á habitación do hospital do ferido para pedirlle perdón, algo que este non entende. Por outra banda, Aram, en contra da opinión dos seus compañeiros, decide ir coñecer á súa vítima.
Inspirado na experiencia de José Antonio Gurriarán, ferido por un atentado do Exército
Armenio Secreto para a Liberación de Armenia [ESALA] en 1980.

Ao remate, coloquio con José Antonio Gurriarán.

VENRES 25, ás 19:30 H
SÁBADO 26, ás 20:15 H


A SÚA MELLOR HISTORIA [Their Finest]
Dirección: Lone Scherfig
Reino Unido 2016, 117 minutos
Guión: Gaby Chiappe
Fotografía: Sebastian Blenkov
Produtora: TBBC Films / Number 9 Films / Wildgaze Films
Intérpretes: Gemma Arterton, Sam Claflin, Jack Huston, Bill Nighy, Jake Lacy, Paul Ritter
Xénero: Comedia romántica

SINOPSE
Un equipo cinematográfico británico recibe o encargo de facer unha película patriótica para levantar a moral das tropas inglesas tras os bombardeos da aviación nazi sobre Londres durante a Segunda Guerra Mundial. O problema xurdirá cando se desencadee unha auténtica batalla de sexos.

SÁBADO 02, ás 22:45 H
DOMINGO 03, ás 20:15 H


A TARTARUGA VERMELLA [La tortue rouge]
Dirección: Michael Dudok de Wit
Francia 2016, 80 minutos
Guión: Michael Dudok de Wit, Pascale Ferran
Fotografía: Animación
Música: Laurent Perez del Mar
Produción: Why Not Productions / Wild Bunch / Studio Ghibli
Xénero: Animación, aventuras

SINOPSE
Historia muda sobre un náufrago nunha illa tropical deserta, poboada de tartarugas, cangrexos e aves. A película conta as grandes etapas da vida dun ser humano.

SÁBADO 26, ás 22:45 H
DOMINGO 27, ás 20:15 H




CANTÁBRICO. Os dominios do oso pardo
Dirección: Joaquín Gutiérrez Acha
España 2017, 101 minutos
Guión: Joaquín Gutiérrez Acha
Música: Pablo Martín Caminero
Fotografía: Sebastian Blenkov
Produción: Wanda Films / Bitis
Xénero: Documental

SINOPSE
No norte da Península Ibérica levántase unha gran cordilleira de máis de 400 Km. coma si se tratase dunha gran muralla paralela á costa do mar Cantábrico. Na súa outra cara, a cordilleira Cantábrica está repleta de canóns e bosques. Grazas á influencia do mar e ás elevadas precipitacións, orixinouse unha ampla vexetación nos bosques. É o lugar perfecto para esconder un gran número de animais e outras formas de vida que conviven desde tempos remotos. Pero sobre todo, é o territorio dunha das criaturas máis impresionantes do hemisferio norte: o oso pardo cantábrico. É o reino dos bosques, dos cabalos salvaxes, a terra onde os lobos ibéricos se esconden tras a néboa, é o lugar onde a fantasía e a realidade camiñan xuntas.

MARTES 29, ás 22:45 H
MÉRCORES 30, ás 20:15 H


CASI LENDAS [Casi leyendas]
Arxentina 2017, 116 minutos
Guión: Gabriel Nesci
Música: Gabriel Nesci
Fotografía: Sol Lopatin
Produción: MyS Producción / Está Por Venir
Intérpretes: Diego Peretti, Santiago Segura, Diego Torres, Claudia Fontán, Florencia
Bertotti, Uma Salduende, Julieta Cardinali, Rafael Spregelburd, Arturo Bonín
Xénero: Comedia
Dirección: Gabriel Nesci

SINOPSE
Axel, un español moi particular, decide emprender a procura dos seus excompañeiros en Buenos Aires. Hai 25 anos formaron un grupo musical que estivo a piques de ser famoso pero, por misteriosas razóns, nunca o logrou. Agora Axel vai ter que reencontrarse con Javier, un profesor que non logra comunicarse co seu fillo adolescente, e Lucas, un fachendoso e mullereiro avogado que perde o seu traballo dun día para o outro. Os espera un dobre desafío: ser a banda que sempre soñaron e, de paso, tentar solucionar as súas calamitosas vidas.

VENRES 01, ás 22:45 H


CITA A CEGAS COA VIDA [Mein Blind Date mit dem Leben]
Dirección: Marc Rothemund
Alemania 2017, 111 minutos
Guión: Oliver Ziegenbalg, Ruth Toma
Fotografía: Bernhard Jasper
Música: Michael Geldreich, Jean-Christoph Ritter
Produción: Ziegler Cinema / Seven Pictures / StudioCanal
Intérpretes: Kostja Ullmann, Jacob Matschenz, Anna Maria Mühe, Nilam Farooq, Ludger
Pistor, Rouven Blessing, Johann von Bülow,
Xénero: Comedia romántica

SINOPSE
Historia dun prometedor estudante case cego que supera a adversidade cunha determinación extraordinaria para cumprir o seu soño de traballar nun hotel de luxo.

DOMINGO 03, ás 22:45 H
LUNS 30, ás 20:15 H


O FARO DAS CANDORCAS [El faro de las orcas]
Dirección: Gerardo Olivares
España 2016, 110 minutos
Guión: Gerardo Olivares, Lucía Puenzo, Shallua Sehk
Fotografía: Óscar Durán
Produción: Historias Cinematográficas Cinemania,  Wanda Visión S.A.
Intérpretes: Maribel Verdú, Joaquín Furriel, Joaquín Rapalini Olivella, Ana Celentano, Osvaldo Santoro, Federico Barga, Ciro Miro, Alan J. Pablo Moya
Xénero: Drama

SINOPSE
Lola viaxa co seu fillo autista, Tristán, ata o fin do mundo para atoparse con Beto, un guardafauna que ten unha relación moi especial coas candorcas salvaxes na Patagonia arxentina. O motivo da viaxe: Tristán mostrou unha estraña empatía e resposta de estímulos ante a visión das candorcas. A determinación de Lola de loitar pola mellora do seu fillo, a peculiar personalidade de Tristán e a súa relación coa natureza farán que a vida de todos eles cambie para sempre.

MÉRCORES 30, ás 22:45 H
XOVES 31, ás 20:15 H


PARAÍSO [Rai]
Dirección: Andrei Konchalovsky
Rusia 2016, 130 minutos
Guión: Elena Kiseleva, Andrey Konchalovsky
Fotografía: Aleksandr Simonov (B&W)
Produción: DRIFE Productions / Production Center of Andrei Konchalovsky
Música: Sergey Shustitskiy
Intérpretes: Yuliya Vysotskaya, Christian Clauss, Philippe Duquesne, Peter Kurth, Jakob
Diehl, Viktor Sukhorukov, Vera Voronkova
Xénero: Drama

SINOPSE
Segue os pasos de tres persoas cuxos camiños se cruzan nos terribles tempos da II Guerra Mundial. Olga é unha aristócrata rusa membro da resistencia francesa que é arrestada pola policía nazi por ocultar a dous nenos xudeus durante unha redada. Arrestada, é enviada ao cárcere na espera dunha decisión final. Na prisión coñece a Jules, un funcionario francés colaboracionista que debe investigar o seu caso. Alí tamén se atopará con Helmut, un alto oficial das SS, que hai moitos anos fora o seu amante e que aínda parece manter sentimentos por ela.


XOVES 31, ás 22:45 H
VENRES 01, ás 20:15 H


PARÍS PODE ESPERAR [Paris Can Wait]
Dirección: Eleanor Coppola
USA 2016, 92 minutos
Guión: Eleanor Coppola
Fotografía: Crystel Fournier
Produción: American Zoetrope / Lifetime
Música: Laura Karpman
Intérpretes: Diane Lane, Alec Baldwin, Arnaud Viard, Elise Tielrooy, Linda Gegusch,
Élodie Navarre, Cédric Monnet
Xénero: Comedia romántica

SINOPSE
Anne atópase nunha encrucillada na súa vida. Casada cun exitoso produtor de cinema, un
día atópase de forma inesperada viaxando en coche desde Cannes a París cun socio de negocios do seu marido. O que debería ser unha viaxe de sete horas convértese nunha aventura de dous días repleta de diversión chea de lugares pintorescos, boa comida e mellor viño, moito humor, sabedoría e romance, espertando os sentidos de Anne e dándolle un novo desexo á súa vida.

LUNS 28 ás 22:45 H
MARTES 29, ás 20:15 H


PELES [Pieles]
Dirección: Eduardo Casanova
España  2017, 77 minutos
Guión: Eduardo Casanova
Fotografía: José Antonio Muñoz "Nono"
Música: Ángel Ramos
Produción: Pokeepsie Films, Nadie es Perfecto
Xénero: Drama
Interpretación: Candela Peña, Ana Polvorosa, Macarena Gómez, Carmen Machi, Secun de
la Rosa,Jon Kortajarena, Joaquín Climent, Enrique Martínez

SINOPSE

Segue a historia de persoas fisicamente diferentes que, por este motivo, víronse obrigadas a esconderse, recluírse ou unirse entre elas. Ninguén elixe como nace, pero a aparencia física condiciónanos para coa sociedade, aínda que non a elixiramos nós.

DOMINGO 27, ás 22:45 H
LUNS 28, ás 20:15 H










CINE INFANTIL

IRMÁNS DO VENTO [Brothers of the Wind]
Dirección: Gerardo Olivares, Otmar Penker
Austria 2015, 97 minutos
Guión: Joanne Reay
Fotografía: Óscar Durán, Otmar Penker
Produción: Terra Mater Factual Studios
Intérpretes: Jean Reno, Manuel Camacho, Tobias Moretti, Eva Kuen
Xénero: Drama

SINOPSE

Un mozo trata de salvar a vida dunha cría de aguia que se caeu do seu niño. Todo comeza cando un aguia cría dous pitos. O destino do máis forte é arroxar ao máis débil desde o niño. Tamén o home ten os seus costumes e a miúdo fai dano aos que máis quere. Lukas sofre a mans dun pai encerrado en si mesmo desde a perda da súa esposa. Morreu cando rescataba ao recentemente nado Lukas e agora  o raparigo leva a carga da súa morte. No niño, o pito que naceu primeiro empuxa ao seu irmán máis débil a unha morte segura no chan do bosque. Pero o destino intervén e Lukas atopa ao pito. Lukas chámalle Abel e coida en segredo ao paxariño, buscando o amor e a compañía que lle negan na casa.

VENRES 01, ás 17:00 H
SÁBADO 02, ás 17:00 H


O BEBÉ XEFAZO [The Boss Baby]
Director: Tom McGrath
USA 2017, 97 minutos
Guión: Michael McCullers
Fotografía: Animación
Música: Steve Mazzaro, Hans Zimmer
Produción: DreamWorks Animation, 20th Century Fox
Xénero: Animación

SINOPSE

A chegada dun irmán trastorna por completo a idílica vida do pequeno Tim. Ata entón fillo único de 7 anos e o ollo dereito dos seus pais. O seu novo irmán é un bebé moi peculiar que viste traxe e gravata e leva maletín. Tim comeza a sospeitar del, ata que descobre que pode falar.

DOMINGO 27, ás 17:00 H



O FOGAR DE MISS PEREGRINE PARA NENOS PECULIARES
[Miss Peregrine's Home for Peculiar Children]
Dirección: Tim Burton
USA 2016, 127 minutos
Guión: Jane Goldman
Fotografía: Bruno Delbonnel
Música: Matthew Margeson, Mike Higham
Produción: Chernin Entertainment , Tim Burton Productions
Interpretación: Asa Butterfield, Eva Green, Samuel L. Jackson, Terence Stamp, Judi
Dench, Ella Purnell, Allison Janney, Rupert Everett, Kim Dickens, Chris O'Dowd
Xénero: Fantástico, aventuras

SINOPSE
Jacob ten 16 anos. É un mozo con problemas para relacionarse cos demais. Está moi unido ao seu avó. Despois de sufrir unha traxedia familiar, coa intención de saber máis sobre o pasado e as disparatadas historias do seu avó, convence aos seus pais para dirixirse á costa de Gales e buscar o fogar para nenos especiais de Miss Peregrine, dos que tanto lle falaron.

SÁBADO 26, ás 17:00 H


O REINO DOS MONOS
[Pourquoi j'ai pas mangé mon père (Evolution Man)]
Dirección: Jamel Debbouze
Francia 2015, 95 minutos
Guión: Fred Fougea, Jean-Luc Fromental, John R. Smith, Rob Sprackling
Fotografía: Bruno Delbonnel
Música: Laurent Pérez
Produción: Boréales, Les Armateurs, Prana Animation Studios
Xénero: Animación, aventuras

SINOPSE

Fai dous millóns de anos, un novo mono descobre por azar como camiñar ergueito, como facer lume, como cazar... Claro que Edouard non se parece aos seus conxéneres: é máis pequeno, moito menos peludo e ten inutilizada unha das súas extremidades. O seu enxeño, unido a estas características, permitiría supoñer que se trata do primeiro elo na cadea evolutiva da especie humana.

MÉRCORES 30, ás 17:00 H


OS SUPERHÉROES [Bling]
Dirección: Kyung Ho Lee, Wonjae Lee
Corea do Sur 2008, 82 minutos
Guión: Chris Denk, Hyunjoong Kim, Kyung Ho Lee, Saul Blinkoff
Fotografía: Animación
Música: Geoff Zanelli
Produción: Digiart Productions
Xénero: Animación

SINOPSE
Nun parque temático Sam e os seus amigos con súper poderes deben enfrontarse a unha aventura disparatada para frear a un súper vilán, Óscar. No desfile dos namorados, Sam e os seus amigos atópanse cun exército de robots controlados por Óscar.

LUNS 28, ás 17:00 H
MARTES 29, ás 17:00 H




RICHARD, A CEGOÑA
[Überflieger-Kleine Vögel, großes Geklapper]
Dirección: Mark Andrews, Brenda Chapman, Steve Purcell
Luxemburgo 2017, 85 minutos
Música: Éric Neveux
Guión: Reza Memari
Produción: Den Siste Skilling, Knudsen, Streuber Medienmanufaktur
Xénero: Animación, aventuras

SINOPSE

Richard, un gorrión, foi adoptado e criado por unha familia de cegoñas e está convencido de ser unha delas. Pero xorden problemas cando as cegoñas, aves migratorias, parten cara África para pasar o inverno. Richard tamén quere partir e empeza a facer autostop por toda Europa, en autobús, tren e barco, xunto cun bufo excéntrico e un periquito divertidísimo que canta disco, para demostrar á súa familia de cegoñas que el tamén é unha delas.

DOMINGO 03, ás 17:00 H
LUNS 04, ás 17:00 H



ROBBY & TOBY E A VIAXE FANTÁSTICA
Dirección: Wolfgang Groos
Alemania-Bélxica 2017, 106 minutos
Guión: Jan Berger
Música: Helmut Zerlett
Produción: Walking The Dog
Intérpretes: Arsseni Bultmann, Alexandra Maria Lara, Sam Rile
Xénero: Aventura

SINOPSE

Robby e Toby son dous amigos algo inusuais, xa que Robby é un robot. Co obxectivo de emprender unha gran viaxe, ambos constrúen un vehículo perfecto para atravesar aire, auga e terra: o Aeroguatutú. A película está baseada na novela infantil "Robby, Tobi e o Aeroguatutú", escrita polo escritor alemán Boy Lornsen e publicada por primeira vez en 1967.


XOVES 31, ás 17:00 H


Ningún comentario: