PROGRAMACIÓN XUÑO


GRAZAS PATRON! [Merci patron!] de François Ruffin [84']
Francia
2015
Documental

Sinopse

A Jocelyne e a Serge Klur, nada lles vai ben: a súa empresa fabricaba roupa de Kenzo (Grupo LVMH), preto de Valenciennes, pero foi trasladada a Polonia. A parella está en paro, cribada de débedas e a punto de perder a súa casa. Entón François Ruffin, fundador do diario Fakir, chama á súa porta e dilles que os vai a salvar.


XOVES 1, ás 20:30 H
DOMINGO 4, ás 20:00 H







FRÁXIL EQUILIBRIO de Guillermo García López [83']
España
2016
Documental

Sinopse
Un executivo xaponés en Tokyo, cuxa vida se basea unicamente no seu traballo para unha corporación; unha comunidade subsahariana no Monte Gurugú, na fronteira entre África e Europa, que xogándose a vida unha e outra vez tenta cruzar ao Primeiro Mundo soñando cun futuro; unha familia en Madrid que, a pesar dos esforzos por ter unha vida que o sistema entende como ¿normal?, acaba desafiuzada do seu propio fogar. Tres historias de contradicións que se desenvolven en distintos lugares do planeta, en distintos ámbitos socioculturais. Con todo, esas contradicións pódense atopar en calquera outro lugar, en calquera outra cultura.


XOVES 8, ás 20:30 H
DOMINGO 11, 20:00 H



A HISTORIA DE JAN de Bernardo Moll Otto [94']
España
2016
Documental

Sinopse
A inesperada noticia de que Jan tiña síndrome de Down, fixo que o seu pai se puxese a escribir un blogue e a gravar ao seu fillo, para así compartir e poder superar os seus medos. O documental cóntanos desde a intimidade unha historia de superación e de aceptación. A través do sentido do humor, o esforzo e o amor por Jan, os seus pais buscan normalizar e dar visibilidade ao descoñecido mundo da discapacidade.


XOVES 15, ás 20:30 H
DOMINGO 18, ás 20:00 H





NADO EN SIRIA de Hernán Zin [85']
España
2016
Documental

Sinopse
Desde que comezase a guerra civil en Siria uns catro millóns de sirios tiveron que abandonar o país fuxindo da violencia. Máis da metade deles son nenos. "2016. Nacido en Siria" narra o periplo deses refuxiados desde o punto de vista dos nenos que viven este calvario: os abusos das mafias, as inclemencias do mar, a incerteza sobre un futuro ao que a gran maioría enfróntase apenas co posto e descubriremos que chegar ao seu destino é só o comezo dunha nova odisea: a da integración nunha terra nova e, en moitos casos, hostil. O maior éxodo de refuxiados desde a Segunda Guerra Mundial visto a un metro e medio de altura a través de sete historias de guerra, sufrimento e desesperación... pero tamén de superación, inocencia, valor e esperanza, que nos permitirán entender que significa nacer en Siria.


XOVES 22, ás 20:30 H
DOMINGO 25, ás 20:00 H

Ningún comentario: