martes, 24 de maio de 2016

Con Madame Marguerite retomamos o horario da luz os domingos a sesión será as 8 da tarde.

O Cine Club Groucho Marx proxectará esta seman unha comedia francesa que esta inspirada con moita libertade na vida de Florence Foster Jenkins
://es.wikipedia.org/wiki/Florence_Foster_Jenkins
 titulase: Madame Marguerite a historia dunha muller moi rica que amaba a música e cantar opera, cantaba terriblemente ma pero ninguen queria decirllo ata que todo se complica do desexo da protagonista de querer cantar ante o gran público.
Os pases serán o xoves 26 as 20:30 e o domingo 29 as 20 horas . Atención a que queda de temporada que volvemos o horario de veran 
Para maís información sobre a película pinchade nos siguintes enlaces.
http://www.filmaffinity.com/es/film320621.html
http://www.labutaca.net/trailers/madame-marguerite/

martes, 17 de maio de 2016

CINE EN GALEGO NAS LETRAS GALEGAS: SCHIMBARE

SCHIMBARE
Thriller
España - 2014 - 87 min
Director: ALEX SAMPAYO
Con: CANDELA PEÑA, LUIS ZAHERA, SANDRA MOKRZYCKA

Por axustes na programación e para non sololapar outras actividades, o Cine Club Groucho Marx pón na pantalla da casa da cultura do Barco nunha única sesión Schimbare unha película dirixida por Alex Sampayo con Candela Peña e Luis Zahera e nos conta como a parella protagonista de viaxe por un país do este ten un encargo que trairalles moitos problemas. o pase será o xoves 19 as 20:30 na casa da cultura do barco, o domingo non teremos sesión polas festas de Santa Rita.
Schimbare é o vivo exemplo das dificultades que ten o cine feito en galego para atopar pantallas feita no 2014 esta case sen estrear. Película versión orixinal: galego Mirade o enlace para maís información
http://www.filmaffinity.com/es/film437809.html
http://ficcion-producciones.com/web/schimbare/

martes, 10 de maio de 2016

Semana solidaria no Cine Club Groucho Marx

Esta semana temos duas peliculas con un marcado caracter solidario. Maña xoves: 12 as 20:30 conmemorando o día internacional da fibromialgia en colaboración coa asociación FFIBROVAL (Asociación de fatiga crónica e fibromiálgica de valdeorras proxectaremos Sonata para violonchelo dirixida por Anna M. Bofarullda que tedes toda a información nos enlaces que van a continuación :
O Domingo: 15 organizada pola Federación Galega de Cine clubs: as 19 horas proxectarase: Syria self portrait. Silvered water
unha película dirixida por Ossama Mohammed e Wiam Simav Bedirxan: Toda a recaudación será a partes iguais para Acnur e Medicos sin fronteiras.



mércores, 4 de maio de 2016

Esta semana o Goya a mellor pelicula europea: MUSTANG

MUSTANG de Deniz Gamze Ergüven enche a pantalla do cine club Groucho Marx con unha historia sobre as vidas de cinco nenas que crecendo nun  entorno obsesionado coa tradición de preservar a virtude da muller, van a loitar con todas as suas forzas por alcanzar a libertade. Dirixida por a francesa-turca Deniz Gamze consigue con esta opera prima a que posiblemente sexa unha das mellores peliculas do ano . Os pases serán na Casa da Cultura do Barco o xoves 5 as 20:30 e o domingo 8 as 19 h. Pinchade nos enlaces para toda a información sobre a mesma.
http://www.labutaca.net/peliculas/mustang/
https://es.wikipedia.org/wiki/Mustang_(pel%C3%ADcula)

luns, 25 de abril de 2016

Xa é primaveira no Cine Club: unha deliciosa comedia francesa con menos lobos

Primavera en Normandía é un film francés  de Anne Fontaine que nos conta como Martín un rico parisino retirado en Normandía intenta que os seus veciños chamdos como os persoaxes da obra de Flaubert (Madame Bovary) teñan mellor final que na novela. Comedia francesa para recuperar a tranquilidade e normalidade das sesións do cine club que ten que, por motivos de  programación adiantar a sesión do xoves a maña mercores 27, sera as 20:30 na Casa da Cultura do Barco e repetiremos  o domingo día 1 as 7 da tarde no mesmo lugar.
Moitas gracias pola acollida a Lobos Sucios estamos na rodaxe da segunda parte: Menos lobos c...
Toda a información sobre Primavera en Normandia pinchando nos enlaces que siguen:
http://www.filmaffinity.com/es/film147224.html

martes, 19 de abril de 2016

Maís sesións para Lobos Sucios pola demanda popular

O cine club Groucho Marx amplia esta semana o número de proxeccións da película Lobos Sucios debido o éxito de publico da mesma. O pases serán o xoves 21 as 9 da noite o sabado 23 as 8 e as 10,30 o domingo: 24 as 6 e as 8 da tarde e o luns: 25 as 8,30. Esperamos con esto poder chegar a todos os espectadores. Moitas gracias pola resposta acadada. Toda a informaciòn sobre a película podela ver pinchando os enlaces anteriores deste blog. 

martes, 12 de abril de 2016

Esta semana no cine club : LOBOS SUCIOS de Simón Casal

Chega o cine club en estrea : Lobos Sucios de Simón  Casal conta a  historia  Manuela (Marian Álvarez), un mineiro que sofre rexeitamento doutros por ser a metade bruxa, decide roubar os nazis para intentar curar a súa filla enferma. Nesta aventura, coa axuda de Candela (Manuela Velles), a súa irmá máis nova. O que se pretende é amosar como dous minería galego podería cambiar o curso da historia durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945). A película está ambientada nas minas de volframio galegas que foron explotadas polos nazis durante a guerra e é vagamente baseado en feitos, historias e personaxes reais acontecidos moi cerca nas  canteiras de Casaio.
Os pases serán este xoves 14 as 20:30, o sabado 16 as 22:30 o domingo 17 as 8 da tarde e o luns 18 as 20:30 na Casa da Cultura do Barco.
http://simoncasal.es/project/lobos-sucios-dirty-wolves/



martes, 5 de abril de 2016

O cine club dase unha volta polos preámbulos do nazismo

13 minutos para matar a Hitler de Oliver Hirschbiegel conta a historia dun obreiro alemán que intentou en 1939 deter a carreira de Hitler hacia o poder en Alemania. O director de El Hundimiento mostranos a vida de este home que intuindo o que pasaria no seu país intentou paralo e fracasou. Os pases serán coma sempre o xoves 7 as 20,30 e o domingo 10 as 7 da tarde na Casa da Cultura do Barco . Para maís información tedes os enlaces debaixo. 
http://www.elseptimoarte.net/peliculas/georg-elser-9866.html


mércores, 30 de marzo de 2016

Damonos unha volta por Bruselas, por desgracia tan de moda.

Este xoves 31 as 20:30 es o próximo domingo día 3 as 19 horas o Cine Club Groucho Marx pon na pantalla do Teatro Lauro Ollmo unha comedia que ten en Bruselas a un dos seus protagonistas. El nuevo nuevo testamento  de Jaco Van Dormael. Na pelicula Dios vive en Bruselas e é bastante diferentente de como pensamos que é. Con toques de realismo maxico e un humor moi irreverente pasaremos un bon rato disfrutando de este film que foi candidato os oscar por o seu país. Pinchade o enlace para saber mais e ver o trailer.
http://www.sensacine.com/peliculas/pelicula-222641/
O sabado 2 e o domingo 3 as 5 da tarde poñemos para os nenos Aviones de papel toda a información sobre a mesma na entrada anterior do blog


xoves, 24 de marzo de 2016

Un otoño sin Berlín e Requisitos para ser una persona normal esta semana santa no cine club.

Un otoño sin Berlín dirixida por Lara Izagirre é a proposta semana que o Cine Club Groucho Marx pón na programación semanal o xoves 24 as 20:30 e o domingo 27 as 19 h  para que se poda ver no  Teatro Lauro Olmo do Barco. Outra opera prima dunha muller que se adentra a facer cine contando unha historia das dificultades que ten todo o mundo para retomar a sua vida  cuando volve a casa dende o extranxeiro
http://www.sensacine.com/peliculas/pelicula-229713/.
Volvemos a proxectar Requisitos para ser unha persona normal suspendida no seu día por un fallo no equipo de proxeción. Desta pelicula tedes todos os datos nos enlaces anteriores desta paxina. Os pases de requisitos serán venres 25 e sabado 26 as 19 horas no teatro Lauro Olmo.
http://www.labutaca.net/peliculas/requisitos-para-ser-una-persona-normal/
Todos os carteis da fin de semana 




martes, 22 de marzo de 2016

cine infantil na Semana Santa no cine club Groucho Marx

Duas películas compoñen a programación infantil do cine club Groucho Marx para esta semana santa: Aviones de papel e Del revés. Aviones de papel é unha historia familiar ambientada nunha competición de avións de papel que se desarrolla en Japón. E Del Revés (Inside out) e a penúltima proposta de Disney en debuxos animados que o pasado verán rompeo as taquillas de todo o mundo o mostrar as emoción que ten dentro do seu corpo unha nena. 
O cine club ten unha oferta especial: 2 películas por 1 
Ca entrada de Aviones de papel damosche una invitación para poder ver Del Revés. De tal xeito que a unica posibilidade de poder ver Del Reves é que primeiro pilles unha entrada de Aviones de papel.
Os pases serán o mecores 23 e o sabado 25 as 17 h para Aviones de Papel, e o xoves 24 e domingo 26 para Del revés. No teatro Lauro Olmo do Barco.
Para mais información sobre as peliculas pinchade os enlaces que van a continuación:



mércores, 16 de marzo de 2016

Natalia Molina busca teito e comida e encontra un Goya

Este xoves 17 as 20:30 e o domingo 20 as 19 horas o Cine Club Groucho Marx pón nas pantallas da Casa da Cultura do Barco a película Techo y comida de Juan Miguel del Castillo un drama actual no que a sua protagonista, Natalia de Molina,   foi premiada co goya a mellor actriz  de este ano . A película acadou tamén o premio do público no pasado festival de Málaga, un film que nos conta o medo dunha nai solteira sin traballo intenta non perder a custodia do seu fillo. 
Todos os datos mais un avance da película no enlace que sigue:
http://www.labutaca.net/peliculas/techo-y-comida/

mércores, 9 de marzo de 2016

Unha comedia para o dia da muller dirixida por unha muller: Requisitos para ser una persona normal.

En colaboración co Concello do Barco o cine club Groucho Marx programa dentro dos actos que organiza dito Concello  na conmemoración do día da muller traballadora unha pelicula que esta dirixida por Leticia Dolera: Requisitos para ser una persona normal. Unha opera prima en clave de comedia que na que a sua protagonista Maria de las Montañas elabora unha lista de requisitos que lle fan pensar que a levaran a ser unha persoa normal. 
Esta muller directora, Leticia Dolera, consigue co seu primer traballo cinco premios no pasado festival de cine español de Málaga e varias nominacions os pasados premios Goya.
Os pases com sempre serán o xoves 10 as 20:30 e o domingo 13 as 7 da tarde no teatro Lauro Olmo. do Barco de Valdeorras
Para visionar o trailer e ter maís información sobre esta pelicula pinchade o enlace que esta a continuación:
http://www.labutaca.net/peliculas/requisitos-para-ser-una-persona-normal/

Publicación dest

35 SEMANA DE CINE 2026. CATÁLOGO

 35 SEMANA DE CINE 2026. CATÁLOGO