luns, 3 de novembro de 2008

LOBOS SUCIOS NO CINE CLUB ESTE MERCORES


O CINE CLUB GROUCHO MARX ENTRA ESTE MERCORES A PARTIR DAS 20:30 NO CIRCUITO DAS PROXECIONS DE CINEMAS DIXITAIS DA XUNTA DE GALICIA ( AXENCIA AUDIOVISUAL GALEGA ) COA PROXECION DE LOBOS SUCIOS UN DOCUMENTAL RODADO NA COMARCA DE VALDEORRAS

A película está dirixida por Felipe Rodríguez Lameiro e foi estreada no pasado festival de cine de Ponferrada. Forma parte dun ciclo de documentais relacionados coa memoria histórica incluído na programación dos Cinemas Dixitais, da Axencia Audiovisual Galega. As proxeccións terán lugar os mércores ás 20h30 minutos
Lobos Sucios trata de sacar á luz os entresixos da revolución mineira do wolfram (wolf=lobo, ram=sucio) en Galicia durante a posguerra civil española, a partir do desenterro dun corpo, o desenterro da memoria e o desenterro dunha lenda."Lobos sucios" flúe a través de tres liñas narrativas que se entrelazan e relacionan co fin de obter unha metáfora fílmica a partir da mirada persoal do autor sobre a memoria ou testemuña dos protagonistas da historia. O documental comeza coas imaxes dun suceso, a exhumación dun cadáver. Son os restos do maquis Miguel Cardeñas Lozano, que cumpría una condena de 30 anos no destacamento penitenciario das minas de Casaio e que foi executado en circunstancias non esclarecidas.
Outros títulos que poderán verse neste ciclo son: o 12 de novembro Isaac (2007), o 26 de novembro Bandoleiros ou guerrilleiros (2006) e o 3 de decembro A memoria dos tempos do volfran (2003). Todos eles nunha única sesión ás 20h30 e con entrada libre.

Ningún comentario: