mércores, 18 de novembro de 2015

Este luns as 21 horas da tarde tedes unha cita con Christiam Escuredo no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras

A pesar de todo, quérote é unha longametraxe dirixida por Jorge Algora que en síntese móstranos as dificultades que teñen uns rapaces para convivir co seu pasado marcados por un feito traumático. Está protagonizada por Christian Escuredo, Déborah Vukusic, Rubén Prieto, e un importante elenco de actores galegos.
No pase das 8:30  da noite estarán presentes o director Jorge Algora e o actor Christian Escuredo, con eles faremos unha pequena presentación e despois  atenderán as preguntas dos asistentes para seguidamente ver a película.
Nos enlaces que figuran a continuación todos teredes unha idea máis aproximada do que ofrece este film co que o cine club acerca aos valdeorreses un traballo deste mozo valdeorrés que actualmente triunfa en Madrid co musical Priscilla, a raíña do deserto. Un dos enlaces é unha unidade didáctica para traballar co alumnado afrontando os diversos problemas que ilustran o film (moi interesante por certo) .
Que a película se pase o luns débese a que é o único día no que nos poden acompañar o actor e o director da mesma.
Esperamos contar coa vosa presenza.
http://www.edu.xunta.es/centros/abalar/aulavirtual/course/view.php?id=26
https://es.wikipedia.org/wiki/Jorge_Algora
http://christianescuredo.com/
http://engalecine6.webnode.es/a-pesar-de-todo-querote/


Ningún comentario: