CINE INFANTIL

"O MEU AMIGO O XIGANTE"  [BFG] de Steven Spielberg [117']
USA
Ano: 2016
Adaptación do conto de Roald Dahl sobre unha nena que se alía coa Raíña de Inglaterra e cun xigante bonachón para impedir unha invasión de malvados xigantes que se preparan para comerse a todos os nenos do país.


DOMINGO 25, ás 17:00 H
LUNS 26, ás 17:00 H










"O NENO E A BESTA"  [Bakemono no Ko] de Mamoru Osoda [119']
Xapón
Ano: 2015
Kyuta é un neno solitario que vive en Tokio, e Kumatetsu é unha criatura sobrenatural illada nun mundo fantástico. Un día, o neno cruza a fronteira ao outro mundo e establece amizade con Kumatetsu, que se converte no seu amigo e guía espiritual. Este encontro levaralles a vivir multitude de aventuras.


DOMINGO 1, ás 17:00 H
LUNS 2, ás 17:00 H









"A CANCIÓN DO MAR"  [Song of the Sea] de Tomm Moore [90']
Irlanda
Ano: 2014
A historia da viaxe a casa do último Neno Foca. Despois da desaparición da súa nai, Ben e Saoirse son enviados a vivir coa súa avoa á cidade. Cando deciden volver á súa casa xunto ao mar, a súa viaxe convértese nunha carreira contra o tempo a medida que se internan nun mundo que Ben só coñece a través das lendas que lle narraba a súa nai. Pero este non é un conto para durmir; estas criaturas levan no noso mundo demasiado tempo. Ben pronto se dá conta de que Saoirse será a clave para a súa supervivencia.


MARTES 3, ás 17:00 H
MÉRCORES 4, ás 17:00 H







"PETER E O DRAGÓN" [Pete's Dragon] de David Lowery [102']
USA
Ano: 2016
Nova Iork, anos 50. Therese Belivet, unha nova dependenta dunha tenda de Manhattan que soña cunha vida mellor, coñece un día a Carol Aird, unha muller elegante e sofisticada que se atopa atrapada nun matrimonio infeliz. Entre elas xorde unha atracción inmediata, cada vez máis intensa e profunda, que cambiará as súas vidas para sempre.


VENRES 6, ás 17:00 H
SÁBADO 7, ás 17:00 H
DOMINGO 8, ás 17:00 H

Ningún comentario: