PROGRAMACION MAIO 2024 CINE

MIMOSAS
Dirección: Oliver Laxe
Galicia, 2016
96 min.
Guión: Oliver Laxe, Santiago Fillol
Reparto: Ahmed Hammoud, Shakib Ben Omar, Said Aagli, Ikram Anzouli, Ahmed O Othemani
Fotografía: Mauro Herce
Compañías: Zeitun Films, Rouge International
Xénero: Drama
Sinopse: Unha caravana transporta a un ancián e moribundo Sheikh a Sijilmasa. A súa última vontade é ser enterrado xunto aos seus, pero morre mentres soben as escarpadas cumes do Atlas marroquí. Os viaxeiros, medorentos da montaña, néganse a seguir transportando o cadáver. Ahmed e Said, dous buscavidas que viaxan coa caravana, din coñecer o camiño a Sijilmasa e ofrécense a levar o seu corpo ata alí. A esposa do Sheikh dubida deles. Nun mundo paralelo e remoto, a Shakib elíxeno para viaxar ás montañas coa misión de axudar aos improvisados caravaneiros a chegar ao seu destino. A Shakib tamén lle asaltan as dúbidas; trátase da súa primeira misión.
Xoves 2, ás 17:00h / 19:00h

ELES TRANSPORTAN A MORTE

Dirección: Helena Girón, Samuel M. Delgado
Galicia, 2021
76 min.
Guión: Samuel M. Delgado, Helena Girón
Reparto: Nuria Lestegás, Xoán Reices, Valentín Estévez
Música: Camilo Sanabria
Fotografía: José Ángel Alayón
Compañías: A Viaxe Films, Blond Indian Films
Xénero: Drama
Sinopse: 1492. Entre a tripulación de Cristóbal Colón viaxan tres homes que xa deberían morrer. Conseguiron evitar as súas condenas participando na incerta viaxe, pero ao chegar ás Illas Canarias, foxen cargados cunha das velas da embarcación. Mentres, no Vello Mundo, unha muller trata de salvar á súa irmá moribunda, coa esperanza de que unha curandeira poida axudala. Ambas as viaxes tratan de burlar á morte. Ambas as viaxes están a mercé do tempo e da Historia.
Xoves 9, ás 17:00h / 19:00h



DÍA DAS LETRAS GALEGAS
CUÑADOS

Dirección: Luis Avilés
Galicia, 2024
90 min.
Guión: Araceli Gonda
Reparto: Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Federico Pérez, Eva Fernández, Eva Fernández
Música: Santi Jul, Iván Laxe
Fotografía: Sergio Franco
Compañías: Portocabo
Xénero: Comedia
Sinopse: Esta nova aventura dos cuñados arrinca coa aparición dun cadáver xusto no medio da ponte internacional de Tui. Este feito vén do ocorrido hai uns días… Chega o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para gozar das festas favoritas de todo bo ourensán. Pasaron dous anos desde a detención de Alicia Zamora e o seu socio portugués. Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, a maneira perfecta para branquear o diñeiro do motín que caeu do ceo (literalmente). Entre unha cousa e outra, Modesto converteuse nun cuñado máis da familia. A aparición en Ourense de Andreia Nunes (a parella do portugués detido) en busca de vinganza, complicará as cousas para os cuñados, meténdoos nun novo enredo que converterá este Entroido nun auténtico baile de máscaras.
Venres 17 / Domingo 19, ás 17:00h / 19:00h

AS NEVES

Dirección: Sonia Méndez
Galicia, 2024
83 min.
Guión: Sonia Méndez
Reparto: Andrea Varela, David Fernández, Antía Mariño, Xacobe Bruna, Irene Rodríguez
Música: Andy Bell
Fotografía: Lucía C. Pan
Compañías: Aquí e Alí Films, Cósmica Producións.
Xénero: Drama
Sinopse: As Neves é un pobo galego de montaña onde todos coñécense. A noite de entroido un grupo de adolescentes celebran unha festa e se drogan con cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e a noticia de que Paula, unha das mozas da festa, desapareceu. Mentres, o pobo queda incomunicado e cae internet. Cada vez é máis urxente atopala. Iníciase unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.
Xoves 23, ás 17:00h / 19:00h

SAMSARA

Dirección: Lois Patiño
Galicia, 2023
113 min.
Guión: Lois Patiño, Garbiñe Ortega
Reparto: Amid Keomany, Toumor Xiong, Simone Milavanh, Mariam Vuaa Mtego
Música: Xabier Erkizia
Fotografía: Mauro Herce, Jessica Sarah Rinland
Compañías: Señor & Señora, Moonlight Cinema
Xénero: Drama
Sinopse: Nos templos budistas de Luang Prabang conviven decenas de adolescentes. Un destes mozos le o Bardo Thödol a unha anciá, un texto que debe lerse ás persoas antes de falecer, pois serve como guía para orientarse no máis aló. A anciá falece e acompañamos ao seu espírito por unha travesía sensorial ata reencarnarse no seu seguinte corpo: un cabrito dun pobo costeiro de Tanzania, onde crecerá acompañado dunha familia de pescadores.
Xoves 30, ás 17:00h / 19:00h

Ningún comentario:

Publicación destacada

PROGRAMACIÓN MAIO 2024

 PROGRAMACIÓN MAIO 2024  CINE GALEGO