O FERREIRO E O DEMO [ERREMENTARI]
Director: Paul Urkijo Alijo
España , 2017
96 min.
Guión: Asier Guerricaechevarría, Paul Urkijo Alijo
Música: Pascal Gaigne
Fotografía: Gorka Gómez Andreu
Reparto: Eneko Sagardoy, Itziar Ituño, Josean Bengoetxea, Gorka Aguinagalde, Urko Olazabal, Kandido Uranga, Almudena Cid,
Produtora: Gariza Produkzioak / Ikusgarri Films
Xénero: fantástico
Sinopse:
Pasaron 10 anos da primeira Guerra Carlista de 1833. Nun pequeno pobo de Áraba, un comisario do goberno chamado Alfredo investiga un suceso que lle leva ata unha sinistra ferrería no profundo do bosque, onde vive un perigoso e solitario ferreiro chamado Patxi. Os aldeáns da zona contan escuras historias sobre el relacionadas con roubos, asasinatos e pactos demoníacos. Ata que por casualidade unha nena orfa chamada Usue consegue coarse na misteriosa ferrería, destapando a terrible verdade que se esconde tras Patxi o Ferreiro.
XOVES 3, ás 20:30 H
DOMINGO 6, ás 19:30 H
COUSAS DA IDADE [Rock'n'
Roll]
Director: Guillaume Canet
Francia , 2017
123 min.
Guión: Guillaume Canet, Philippe Lefebvre, Rodolphe
Lauga
Música: Maxim Nucci
Fotografía: Christophe Offenstein
Reparto: Eneko Sagardoy, Itziar Ituño, Josean Bengoetxea,
Gorka Aguinagalde, Urko Olazabal, Kandido Uranga, Almudena Cid,
Produtora: Les
Productions du Trésor / M6 Films
Xénero: comedia
Sinopse:
A vida do actor e premiado director de cinema Guillaume
Canet non pode ser mellor. Ten todo o que un home pode desexar: éxito
profesional, diñeiro e unha muller espectacular coa que comparte un fillo. Pero
un día a nova e bela co-protagonista dunha película que está a filmar dille que
xa non é "rock’ n ‘ roll", que é un carroza e descendeu
dramaticamente na lista dos actores máis desexados. A afirmación supón un
durísimo golpe para o orgullo de Canet. O estilo de vida no fogar que leva
xunto á súa muller e o seu fillo, os seus cabalos e a casa de campo fan del
unha persoa convencional e sen ex- appeal. Coa intención de corrixilo e sen
perder nin un minuto máis, decide poñerse ao choio e empezar a facer cambios
radicais.
XOVES 10, ás 20:30 H
DOMINGO 13, ás 19:30 H
DIA DAS LETRAS GALEGAS
DHOGS
DHOGS
Director: Andrés Goteira
España, 2017
85 min.
Guión: Andrés Goteira
Música: Germán Díaz
Fotografía: Lucía C. Pan
Reparto: Melania Cruz, Miguel de Lira, Antonio Durán 'Morris',
Carlos Branco, Iván Marcos, Roi Gantes, María Costas, Xosé López, Alejandro
Carro
Produtora: Gaitafilmes / Pixel Films
Xénero: thriller
Sinopse
Mentres un estraño personaxe cruza as rúas da cidade ao
volante dun taxi, no bar dun luxoso hotel está Alex, unha muller que goza dunha
última copa, inconsciente do alude de acontecementos que a arroiará nas
próximas horas. Unha fugaz aventura cun executivo será o preámbulo cara a unha
espiral de violencia sen sentido aparente, obrigándoa a percorrer unha senda de
sufrimento fóra do seu control.
XOVES 17, ás 18:00 H
DOMINGO 20, ás 19:30 H
O BO MESTRE [Les
grands esprits]
Director: Olivier Avache-Vidal
Francia, 2017
106 min.
Guión: Olivier Ayache-Vidal
Reparto: Denis Podalydès, Marie-Julie Baup, Léa Drucker, Pauline
Huruguen,Anne Jacquemin
Produtora: Sombrero Films / France 3 Cinéma
Xénero: Comedia
Sinopse
François Foucault, de corenta anos, é profesor de
literatura no prestixioso instituto de
París, Henri IV. Unha serie de circunstancias obríganlle a deixar o seu posto e
a aceptar unha praza nun instituto do arrabalde da cidade, nunha zona
conflitiva. François témese o peor.
XOVES 24, ás 20:30 H
DOMINGO 27, ás 20:00 H
VERÁN DUNHA FAMILIA DE TOKIO [Kazoku wa tsuraiyo]
Director: Yôji Yamada
Xapón, 2017
113 min.
Guión: Emiko Hiramatsu, Yôji Yamada
Música: Joe Hisaishi
Fotografía: Masashi Chikamori
Reparto: Satoshi Tsumabuki, Yû Aoi, Kazuko Yoshiyuki, Yui
Natsukawa, Isao Hashizume, Takashi Sasano
Produtora: GyaO / Hakuhodo DY Media Partners
Xénero: comedia
Sinopse
Pasaron os anos e Shuzo e a súa esposa Tomiko ten problemas
matrimoniais. O seu fillo maior Konosuke, pregúntase se o
seu pai xa non ten idade para conducir. Así que coa axuda da súa muller e dos
seus irmáns organizan un plan para quitarlle o carné de conducir. Pero alguén
reaparece na vida de Shuzo. Secuela de 'Marabillosa familia de Tokio'.
XOVES 30, ás 20:30 H
DOMINGO 3, ás 19:30 H
Ningún comentario:
Publicar un comentario