PROGRAMACIÓN ABRIL

de Dome Karukoski  [104']
Finlandia
Ano: 2014
Comedia

Sinopse
Un arisco ancián choca coa súa nora cando, a consecuencia dunha caída, teña que trasladarse a vivir coa familia do seu fillo a Helsinski, unha cidade moderna, lonxe da súa contorna. A súa nora é unha muller de carreira que non ten tempo para perder cun cascarrabias. As cousas complícanse cando o rosmón decide axudar á súa nora para pechar un trato cuns empresarios rusos e mellorar a relación co seu fillo.


XOVES 6, ás 20:30 H
DOMINGO 9, ás 19:00 H


"AS INOCENTES" [Les innocentesde Anne Fontaine [100']
Francia
Ano: 2016
Drama

Sinopse
Historia real dunhas monxas polacas embarazadas tras ser violadas polas tropas rusas tras terminar a II Guerra Mundial. Un mosteiro preto de Varsovia (Polonia) alberga un escuro segredo. Mathilde Beaulieu é unha moza médico enviada pola Cruz Vermella co fin de garantir a repatriación dos prisioneiros franceses feridos na fronteira entre Alemaña e Polonia. Pero a sorpresa chega cando descobre que unha gran parte das irmás do convento están embarazadas por soldados do Exército Vermello. 


XOVES 13, ás 20:30 H
DOMINGO 16, ás 19:00 H


ACTOS DO DÍA DA REPÚBLICA
"GUERNIKA" de Koldo Serra [110']
España
Ano: 2016
Bélico, drama

Sinopse
Unha historia ao redor da poboación vasca bombardeada pola aviación nazi en abril de 1937, durante a Guerra Civil Española. Nese contexto, a moza Teresa, unha editora da oficina de prensa republicana chocará con Henry, un xornalista americano en horas baixas que está a cubrir o conflito. Teresa, sentirase atraída polo idealismo dormente de Henry e quererá espertar nel a paixón por contar a verdade, que un día foi o seu único obxectivo.


XOVES 14, ás 19:00 H e 22:30 H



CINE INFANTIL E XUVENIL
"BALLERINA" de Éric Warin, Éric Summer [89']
Francia
2016
Animación

Sinopse
Felicia é unha nena que, tras perder aos seus pais, vive nun orfanato no seu Bretaña natal. A súa paixón é a danza e soña con converterse nunha bailarina profesional. Para conseguilo escápase coa axuda do seu amigo Víctor e viaxa ata o París de 1879. Alí farase pasar por outra persoa para conseguir entrar como alumna da Grand Opera House e así loitar por ter a vida que desexa.


DOMINGO 9, LUNS 10, MARTES 11 e MÉRCORES 12 
ás 17:00 H





"COLONIA" de Florian Gallenberger [110']
Alemania
2015
Alemania
Thriller

Sinopse
Unha moza parella vese envolvida no golpe de estado de Chile en 1973. El é secuestrado pola policía secreta de Pinochet, e ela seguiralle a pista ata unha zona do sur do país chamada Colonia Dignidade, que aparenta ser unha misión de caridade rexida por un sacerdote.


XOVES 20, ás 20:30 H
DOMINGO 23, ás 19:00 H





"BAIXO A AREA" [Under sandet] de Martin Zandvliet [100']
Ano
2015
Dinamarca
Bélico. Drama

Sinopse

A guerra non acaba cando se asina a paz. Cando Alemaña rendeuse en 1945, na costa occidental danesa comezou outra dura batalla: a dos novos soldados alemáns que foron obrigados a retirar miles de minas plantadas na area polo exército nazi. Zandvliet mostra os malos tratos inflixido a eses prisioneiros, un escuro episodio de posguerra pouco coñecido.


XOVES 27, ás 20:30 H
DOMINGO 30, ás 19:00 H

Ningún comentario: