Dirección: Franck Dubosc
Francia, 2024
109 min.
Guión: Franck Dubosc
Reparto: Franck Dubosc, Laure Calamy, Benoît Poelvoorde
Música: Sylvain Goldberg
Fotografía: Dominique Fausset
Compañías: Gaumont, France 2 Cinema,
Xénero: Comedia
Sinopse: Michel e Cathy, vendedores de árbores de Nadal, viven nun pequeno pobo do Xura co seu fillo de 12 anos, Doudou, un neno cun comportamento difícil. Afogados polas débedas e outros problemas económicos, a parella deteriórase aos poucos. Ata que un día, ao volver á casa, Michel evita por pouco atropelar a un oso na estrada; o seu coche termina chocando con outro, matando no acto aos seus dous ocupantes. Tras informar a Cathy, ambos deciden desfacerse dos corpos. Pero ao facelo, descobren no maleteiro un bolso cheo de diñeiro, que calculan en máis de dous millóns de euros. Para evitar as sospeitas, están dispostos a aceptar as ideas máis desatinadas, sen saber sequera en que absurdo desembocarán.
TRAILER Mércores 3, ás 17:00h / 20:00h
Dirección: Carlos Solano
España, 2025
101 min.
Guión: Carlos Camba Tomé, Carlos Solano
Reparto: Julia Sulleiro, Isak Férriz, Manuel Manquiña
Música: Iván Pombais
Fotografía: Borja López
Compañías: Zeta Cinema, Frida Films, Lunatica Limited
Xénero: Drama
Sinopse: Con apenas 10 anos, Leo fuxe dun centro de acollida. No seu camiño crúzase con Lou, un tipo gruñón, experto en meterse en leas. Lou cre que lle fai un favor levándoo de volta á casa, pero Leo converteuno, sen sabelo, no seu compañeiro de fuga rumbo a unha competición de pesca. Así comeza a viaxe desta peculiar parella: unha meniña que non fala e un home que non quere escoitar.
TRAILER Mércores 10, ás 17:00h / 20:00h
A DÉBEDA
Dirección: Daniel Guzmán
España, 2025
115 min.
Guión: Daniel Guzmán
Reparto: Julia Sulleiro, Isak Férriz, Manuel Manquiña
Música: Richard Skelton
Fotografía: Ibon Antuñano
Compañías: Aquí e Alí Films, As Neno Producións
Xénero: Drama
Sinopse: Lucas, un home de 47 anos e Antonia, unha anciá, conviven nun piso céntrico da cidade. A pesar das súas dificultades económicas, Lucas e Antonia viven con afecto, ilusión e sentido do humor. A súa vida transcorre de forma cotiá ata que un fondo de investimento merca o edificio para convertelo en pisos turísticos. Lucas tenta conseguir o diñeiro necesario para evitar a perda da casa, pero unha decisión errónea cambiará o resto das súas vidas.
Martes 16, ás 17:00h / 20:00h
Dirección: Elena Molina, Isaki Lacuesta
España, 2025
98 min.
Guión: Elena Molina, Isaki Lacuesta
Reparto: Alba Flores, Lolita, Rosario Flores, Ana Villa
Música: Alba Flores, Sílvia Pérez Cruz
Fotografía: Juana Jiménez
Compañías: Flower Power Producións, Lacoproductora,
Xénero: Documental
Sinopse: Unha filla disponse a buscar a verdade sobre quen foi o seu pai, un músico lendario, falecido cando ela tiña 8 anos. El é Antonio Flores, ela a tamén soada actriz Alba Flores. Alba deixou de cantar ao perder a Antonio e agora disponse a recuperar a súa voz e a súa historia, preguntando por primeira vez aos seus familiares e amigos.
TRAILER Martes 30, ás 17:00h / 20:00h




Ningún comentario:
Publicar un comentario