España
Ano: 2016
Drama
Sinopse
Ramón, pai de familia de trinta anos, vive para o traballo ata que o seu corpo empeza a fallar. Diagnosticado de esclerose múltiple, todos os prognósticos parecen indicar que nun ano non será capaz de camiñar nin cen metros. Ramón decide entón plantarlle cara á vida participando na proba deportiva máis dura do planeta. Coa axuda da súa muller e o gruñón do seu sogro, Ramón inicia un peculiar adestramento no que loitará contra as súas limitacións, demostrándolle ao mundo que renderse nunca é unha opción... Biopic sobre Ramón Arroio, un mozo diagnosticado de esclerose ao que lle dixeron que non sería capaz de camiñar nin cen metros.
"O EDITOR DE LIBROS" de Michael Grandage [104']
Reino Unido
Ano: 2016
Drama
Sinopse
Unha crónica dos tempos de Max Perkins, o editor de libros máis admirado no mundo, que presentou ao público aos máis grandes escritores deste século, revolucionando a literatura americana. Incasablemente comprometido co fomento do talento, foi a forza detrás de grandes estrelas literarias como F. Scott Fitzgerald, Ernest Hemingway e Thomas Wolfe .
XOVES 9, ás 20:30 H
DOMINGO 12, ás 19:00 H"PRETO DA TÚA CASA" de Eduard Cortés [93']
España
Ano: 2016
Musical, drama
Sinopse
Musical sobre os desafiuzamentos ocorridos en España con motivo da crise económica. Tras perder a súa casa por non poder pagala, un novo matrimonio, cunha filla de 10 anos, múdase a casa dos pais dela, pero esa vivenda tamén se verá ameazada polo embargo do banco, ao servir como aval da hipoteca da filla.
XOVES 16, ás 20:30 H
DOMINGO 19, ás 19:00 HCINE INFANTIL
"BLINKY BILL: O KOALA" de D. Taylor, N. Clearly, A. Stadermann, A. Weight.
Australia
Ano: 2016
Animación, aventuras
Sinopse
Blinky Bill é un koala aventureiro cunha gran imaxinación que soña con deixar a pequena cidade de Green Patch seguindo os pasos do seu pai, un gran explorador. O seu pai desapareceu hai tempo e Blinky é o único que cre que segue con vida. Cando descobre unha nova pista sobre o paradoiro do seu pai, decide embarcarse nunha gran aventura que o levará máis aló das fronteiras de Green Patch.
SÁBADO, 18, ás 20:30 H
DOMINGO 19, ás 19:00 H"PROXECTO LÁZARO" [Proyecto Lázaroaka ]
de Mateo Gil [112']
España
Ano: 2016
Ciencia ficción
Sinopse
Ano 2084. Un grupo de médicos logra resucitar por primeira vez a un home que foi crioxenizado 60 anos atrás. Marc foi diagnosticado cunha enfermidade cuxo prognóstico era dun ano de vida. Incapaz de aceptar o seu final, decide conxelar o seu corpo. Seis décadas despois Marc convértese no primeiro home resucitado da Historia. Entón descubrirá que o gran amor da súa vida, Naomi, acompañouno durante todo ese tempo dunha forma que el non esperaba.
XOVES 23, ás 20:30 H
DOMINGO 26, ás 19:00 H
Ningún comentario:
Publicar un comentario