PROGRAMACIÓN MARZO

"LOBO" [Theeb] de Naji Abu Nowar [100'] [V.O.S.]
Xordania
Ano: 2014
Drama

Sinopse
Arabia, 1916. Theeb -lobo en árabe- vive coa súa tribo beduína nun recuncho esquecido do Imperio Otomán. Despois de perder recentemente ao seu pai, Hussein debe criar ao seu irmán Theeb. As súas vidas son interrompidas coa chegada dun oficial do exército británico e o seu guía nunha misión misteriosa. Incapaz de negar a súa axuda ao británico por temor a deshonrar a reputación do seu defunto pai, Hussein comprométese a acompañarlles ao seu destino, un pozo de auga na antiga ruta de peregrinación á Meca. Medorento de perder ao seu irmán, Theeb persegue a Hussein e embárcase nunha perigosa viaxe a través do deserto de Arabia que, desde o estalido da Primeira Guerra Mundial, converteuse no coto de caza de mercenarios otománs, revolucionarios árabes e asaltantes beduínos marxinados.


XOVES 2, ás 20:30 H
DOMINGO 5, ás 19:00 


DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 
"BAR BAHAR" [Bar bahr] de Maysaloun Hamoud [96'] 
Israel 
Ano: 2016 
Drama 

Sinopse 
Salma, Laila e Nur non encaixarán nunca. Palestinas con pasaporte israelí, optan por vivir unha vida de liberdade en Tel Aviv, lonxe dos seus lugares de orixe. As tres buscan o amor, pero como mozas palestinas pronto se darán conta de que unha relación escollida por elas non é algo facilmente alcanzable. Terán que elixir o seu lugar no mundo, sexa na cidade ou nos seus pobos. 


XOVES 9, ás 19:00 H  Entrada libre 
DOMINGO 12, ás 19:00 H 


"FLORENCE FOSTER JENKINS" de Stephen Freaks [110'] 
Reino Unido 
Ano: 2016 
Drama 

Sinopse 
A historia real de Florence Foster Jenkins, unha muller que, ao herdar a fortuna do seu pai, puido cumprir o seu soño de estudar para ser soprano. O problema era que carecía de talento, pero a xente acudía aos seus recitais para comprobar se de verdade era tan mala cantante como dicían os críticos. 


XOVES 16, ás 20:30 H  
DOMINGO 19, ás 19:00 H 





CINE INFANTIL E XUVENIL 
"SING STREET" de John Carney [105'] 
Irlanda 
Ano: 2016 
Drama 

Sinopse 
No Dublín de 1980, a recesión económica fai que Conor cambie a comodidade da escola privada na que estudaba por un centro público onde o clima é máis tenso. Atopará un raio de esperanza na misteriosa Raphina e, co obxectivo de conquistala, convidaraa a ser a estrela nos videoclips da banda que quere formar. Ela accede, e agora Conor debe cumprir a súa palabra. 


SÁBADO 18, ás 17:00 H 
DOMINGO 19, ás 17:00 H 




"O ÚLTIMO REI" [Birkebeinerneaka] de Nils Gaup [100'] [V.O.S.] 
Noruega 
Ano: 2016 
Drama, aventuras. 

Sinopse 
Ano 1206. Noruega foi arrasada por unha guerra civil. O Rey está a morrer, e mentres o seu fillo non recoñecido nace en segredo. A metade do reino quere acabar co bebé, pero dous homes, Torstein Skevla e Skjervald Skrukka, defenderano ata a morte nunha fuxida que cambiará para sempre a historia do país. O neno chamábase Håkon Håkonsen e sería rei de Noruega. 


XOVES 23, ás 20:30 H 
DOMINGO 26, ás 19:00 H 



USA 
Ano: 2016 
Drama, intriga 

Sinopse 
Rachel é unha muller devastada polo seu recente divorcio que dedica cada mañá de camiño ao seu traballo a fantasiar sobre a vida dunha parella aparentemente perfecta que vive nunha casa pola que o seu tren pasa cada día. Pero unha mañá Rachel é testemuña desde a xanela do tren dun impactante suceso e vese involucrada no misterio que ela mesma revela... Adaptación do best seller homónimo de Paula Hawkins. 


XOVES 30, ás 20:30 H 
DOMINGO 2, ás 19:00 H

Ningún comentario: