PROGRAMACIÓN NOVEMBRO 2019


O QUE ARDE
Director: Oliver Laxe
Galicia, 2019
89 min.
Guión: Santiago Fillol, Oliver Laxe
Fotografía: Mauro Herce
Reparto: Amador Arias, Benedicta Sánchez
Produción: 4A4 Productions / Miramemira / Tarantula
Xénero: Drama
Sinopse: Ninguén espera a Amador cando sae do cárcere tras cumprir condena por provocar un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai, Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona
TRAILER: 
XOVES 1, ás 19:30h
VENRES 2, ás 19:30h
DOMINGO 3, ás 20:45h

VERMELLO [Rojo].
Dirección: Benjamín Naishtat
Argentina, 2018
109 min.
Guión: Benjamín Naishtat
Música: Vincent van Warmerdam
Fotografía: Pedro Sotero
Reparto: Darío Grandinetti, Andrea Frigerio, Alfredo Castro, Diego Cremonesi, Claudio Martínez Bel, Mara Bestelli,
Produtora: Coproducción Argentina-Francia-Brasil
Xénero: Thriller

Sinopse: A mediados dos anos 70, un home estraño chega a unha tranquila cidade de provincias. Nun restaurante, e sen motivo aparente, comeza a agredir a Claudio, un recoñecido avogado. A comunidade apoia ao avogado e o estraño é humillado e expulsado do lugar. Máis tarde e camiño a casa, Claudio e a súa muller, Susana, son interceptados polo home estraño que está decidido a vingarse. O avogado toma entón un camiño sen retorno, de morte, segredos e silencios.
XOVES 7,  ás 17:00h / 19:00h / 21:00h (V.O.S.)


OS ANOS MAIS BELOS DUNHA VIDA [Les plus belles années d'une vie]
Dirección: Claude Lelouch
Francia, 2019
90 min.
Guión:Claude Lelouch, Valérie Perrin
Música: Calogero, Francis Lai
Fotografía: Robert Alazraki
Reparto: Jean-Louis Trintignant, Anouk Aimée, Souad Amidou, Antoine Sire, Marianne Denicourt, Monica Bellucci, Tess Lauvergne
Produtora: Les Films 13
Xénero: Drama

Sinopse: Un home e unha muller, hai anos, viviron unha historia de amor fulgurante, inesperada, atrapada nunha paréntese convertida nun mito. Na actualidade, el, antigo piloto de carreiras, pérdese un pouco polos camiños da súa memoria. O seu fillo entón tenta axudarlle a atopar á muller que o seu pai non soubo gardar xunto a el, pero a quen rememora continuamente... Secuela de "Un home e unha muller" (1966) que á súa vez tivo outra secuela 20 anos despois.
TRAILER
MÉRCORES 13, ás 17:00h / 19:00h / 21:00h (V.O.S.)




O CRACK CERO
Dirección: José Luis Garci
España , 2019
122 min.
Guión: José Luis Garci, Javier Muñoz
Fotografía: Luis Ángel Pérez
Reparto: Carlos Santos, Miguel Ángel Muñoz, Luisa Gavasa, Patricia Vico, Pedro Casablanc, María Cantuel, Macarena Gómez, Belén López, Raúl Mérida, Cayetana Guillén Cuervo
Produtora: Nickel Odeon Dos
Xénero: Drama

Sinopse: Seis meses despois do suicidio do afamado xastre Narciso Benavides, unha misteriosa e atractiva muller casada visita a Germán Areta, prestixioso ex policía da Brigada Criminal e agora detective privado, para que inicie unha investigación exhaustiva sobre o “Caso Benavides”. A muller está convencida de que o xastre, que era o seu amante, foi asasinado. Aínda que o seu instinto dille a Areta que a xente só mata por amor ou por diñeiro, irá descubrindo que hai máis motivos, e máis dun sospeitoso, para quitar do medio ao xastre... Precuela de "O crack" (1981), que narra de novo as investigacións do detective Areta nos convulsos anos da Transición Española.
TRAILER
XOVES 21, ás 17:00h / 19:00h / 21:00h (V.O.S.)




ESPECIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO
Dirección: Xiana do Teixeiro
Galicia, 2018
71 min.
Guión: Xiana do Teixeiro
Música: Ta!
Fotografía: Belén Mendaña, Noemí Chantada, Xiana do Teixeiro
Produtora: Walkie Talkie Films
Xénero: Documental

Sinopse: Do persoal ao político, as vivencias de mulleres diversas evidencian cuán masculinizada e violenta segue sendo a rúa hoxe en día. En tres conversacións reveladoras con amigas, colaboradoras e estudantes de secundaria, a directora busca articular un discurso sobre o medo que non fomente o medo, un discurso sobre a violencia que non resulte violento. 
TRAILER

ENTRADA LIBRE
LUNS 25, horarios consultar carteleira


VARDA POR AGNES [Varda by Agnès] en v.o.s.
Dirección: Agnès Varda
Francia, 2019
115 min.
Guion: Agnès Varda
Fotografía: Claire Duguet, Julia Fabry
Produtora: Ciné Tamaris. Distribuida por MK2 Films
Xénero: Documental

Sinopse: Un documental de Agnès Varda que arroxa luz sobre a súa experiencia como directora, brindando unha visión persoal do que ela chama "escritura de cinema", viaxando desde a Rue Daguerre de París a Los Ángeles e Pequín.
TRAILER
XOVES 28, ás 17:00h / 19:00h / 21:00h (V.O.S.)






1 comentario:

Onima dixo...

Buenos días.
En la web dice proyección el domingo 4 (sería el domingo 3). En Facebook, el lunes 5 (sería el lunes 4).
Aclare cuando se proyecta, por favor. Soy socio y me desplazo exclusivamente al Barco para ver la película.

Gracias