PROGRAMACIÓN NOVEMBRO 2026

A COPIA PERFECTA [L'affaire Bojarski]

Dirección: Jean-Paul Salomé
Francia, 2025
128 min.
Guion: Bastien Daret, Jean-Paul Salomé
Reparto: Reda Kateb, Sara Giraudeau, Bastien Bouillon
Música: Mathieu Lamboley
Fotografía: Julien Hirsch
Compañías: Coprodución Francia-Bélxica
Xénero: Drama
Sinopse: París, nos anos da posguerra. Jan Bojarski, un refuxiado polaco, é coñecido no submundo como 'o Cézanne da falsificación'. Durante quince anos, mantén unha dobre vida impecable: mentres a súa familia fai vida normal en casa, el fabrica nun alpendre artesanal billetes dunha precisión tal que logran burlar os controis do Banco de Francia. Esta mestría técnica convérteo na obsesión do comisario Mattei, iniciando unha cacería humana que, para ambos, deixará de ser unha cuestión de lei para converterse nun duelo privado.
TRAILER https://www.dailymotion.com/video/xafs5wy
Mércores 4 / ás 17:00h / 20:00h


ESTE/OESTE [Zwei zu Eins]

Dirección: Natja Brunckhorst
Alemaña, 2024
116 min.
Guion: Natja Brunckhorst
Reparto: Sandra Hüller, Max Riemelt, Ronald Zehrfeld
Música: Amaury Bernier, Hannah von Hübbenet
Fotografía: Martin Langer
Compañías: Rohfilm Factory GmbH, Zischlermann Filmproduktion
Xénero: Comedia
Sinopse: Verán de 1990, en plena reunificación alemá tras a caída do muro de Berlín. Unha familia atopa nun almacén subterráneo millóns de marcos de Alemaña do Leste, unha moeda que está a piques de perder todo o seu valor fronte aos marcos alemáns occidentais. Aproveitando diferentes baleiros legais, a familia dispoñerá duns poucos días para obter beneficio do diñeiro, aplicando o maior enxeño posible.
TRAILER  https://www.dailymotion.com/video/xa81vls
Mércores 11 / ás 17:00h / 20:00h



KAKERU [Hako non Naka non Hitsuji]
Dirección: Hirokazu Koreeda
Xapón, 2026
126 min.
Guion: Hirokazu Koreeda
Reparto: Haruka Ayase, Rimu Kuwaki, Kotaro Daigo
Música: Taku Matsushiba
Fotografía: Ryûto Kondô
Compañías: Gaga Communications Inc, Toho Studios
Xénero: Ciencia ficción
Sinopse: Nun futuro próximo, unha parella marcada pola perda do seu fillo acepta acoller en casa a un neno humanoide creado á súa imaxe con intelixencia artificial. O que empeza como un intento desesperado de aliviar a dor convértese nunha nova vida familiar, tan luminosa como inquietante. Pode a tecnoloxía devolvernos a quen amo?
TRAILER https://www.dailymotion.com/video/xbnm1xu
Mércores 18 / ás 17:00h / 20:00h





MOSCAS

Dirección: Fernando Eimbcke
México, 2026
102 min.
Guion: Vanesa Garnica, Fernando Eimbcke
Reparto: Geena Davis, George Chubalo, Jeff Goldblum
Música: Camilo Lara
Fotografía: María Secco
Compañías: Teorema, Kinotitlan, K&S Films
Xénero: Drama
Sinopse: Olga vive unha vida estritamente regulada, sen amizades nin relacións, nun enorme bloque de pisos. Cando, por necesidade económica, vese obrigada a alugar un cuarto, un home múdase á súa casa metendo ás agachadas ao seu fillo de nove anos no piso. Para a súa propia sorpresa, Olga comeza a forxar un vínculo inesperado co neno. O seu mundo, coidadosamente controlado, comeza a cambiar e estas tres vidas comezan a entrelazarse.
TRAILER https://www.dailymotion.com/video/xbj2lja
Mércores 25 / ás 17:00h / 20:00h

Ningún comentario:

Publicación dest

PROGRAMACIÓN NOVEMBRO 2026

 PROGRAMACIÓN NOVEMBRO 2026