PROGRAMACIÓN OUTUBRO 2016








"KIKI, O AMOR FAISE" de Paco León [102']
España
Ano 2016                 
Cinco historias de amor e de curiosas filias sexuais coinciden nun verán quente madrileño. Dacrifilia, Elifilia, Somnofilia e Harpaxofilia son algunhas das particulares formas de obter pracer que descobren os nosos protagonistas, pero para gozalas terán que decidir como integralas nas súas vidas. Os seus sentimentos, os seus medos e sobre todo a súa sexualidade transfórmanse rompendo tabús, penetrándose nunha etapa nova, emocionante e libre onde non se renega nin do pracer nin do amor.
TRAILER
XOVES 6, ás 20:30 H
DOMINGO 9,  ás 19:00 H



"A XUVENTUDE"  [La giovinezza] de Paolo Sorrentino [102']
España  
Ano 2015               
Fred Ballinger, un gran director de orquestra, pasa unhas vacacións nun hotel dos Alpes coa súa filla Lena e o seu amigo Mick, un director de cinema ao que lle custa acabar a súa última película. Fred hai tempo que renunciou á súa carreira musical, pero hai alguén que quere que volva traballar; desde Londres chega un emisario da raíña Isabel, que debe convencelo para dirixir un concerto no Palacio de Buckingham, con motivo dos aniversarios do príncipe Felipe..
XOVES 13, ás 20:30 H
DOMINGO 16,  ás 19:00 H



"O PROFESOR DE VIOLÍN" de Sérgio Machado [92']
Brasil
Ano 2015                 
Laertes,  un violinista de gran talento que foi rexeitado na prestixiosa Orquestra Sinfónica do Estado, comeza a dar clases de música a adolescentes dunha escola pública en Heliópolis, un barrio dunha zona deprimida de São Paulo. Esta experiencia cambiará a súa vida e a dos seus alumnos... Inspirada na verdadeira historia do mestre brasileiro Silvio Bacarelli, que nos anos 90 conseguiu estimular a inclusión social e cultural dos mozos dunha das favelas máis grandes de São Paulo
XOVES 20, ás 20:30 H
DOMINGO 23,  ás 19:00 H



"DESDE ALÁ" de Lorenzo Vigas [92']
Venezuela
Ano 2015                 
Na convulsa Caracas, Armando (50), dono dun laboratorio de próteses dentais, busca a homes novos en paradas de autobús e ofrécelles diñeiro para que o acompañen á súa casa co fin de observalos. Ten tamén o costume de espiar a un home de idade avanzada: sabe onde vive, que lugares frecuenta; entre eles hai un vínculo que se remonta ao pasado. Un día Armando leva á casa a un mozo, que é o líder dunha banda de delincuentes xuvenís. Deste encontro nacerá unha relación que os cambiará para o resto das súas vidas.
TRAILER
XOVES 27, ás 20:30 H
DOMINGO 30,  ás 19:00 H

Ningún comentario: