PROGRAMACIÓN XANEIRO 2018

HANDIA [Aundiya]
Dirección: Jon Garaño e Aitor Arregui
España, 2017
114 min.
Guión: Jon Garaño, Aitor Arregi, José Mari Goenaga, Andoni de Carlos
Música: Pascal Gaigne
Fotografía: Thomas Townend
Reparto: Joseba Usabiaga, Eneko Sagardoy, Ramón Aguirre, Iñigo Uranburu
Produtora: Irusoin / Kowalski Films / Moriarti Produkzioak
Xénero: Drama
Sinopse
Tras loitar na Primeira Guerra Carlista, Martín volve ao seu caserío familiar en Guipúscoa e alí descobre con sorpresa que o seu irmán menor, Joaquín, é moito máis alto do normal. Convencido de que todo o mundo quererá pagar por ver ao home máis grande sobre a Terra, ambos os dous irmáns embárcanse nunha longa viaxe por Europa no que a ambición, o diñeiro e a fama cambiarán para sempre o destino da familia. Unha historia inspirada en feitos reais.
MARTES 2, ás 20:00h
MÉRCORES 3, ás 20:00h
XOVES 4, ás 20:00h


O AUTOR
Dirección: Manuel Martín Cuenca
España, 2017
112 min.
Guion: Manuel Martín Cuenca, Alejandro Hernández
Música: José Luis Perales, Pablo Perales Carrasco
Fotografía: Pau Esteve Birba
Reparto: Javier Gutiérrez, Antonio da Torre, Adelfa Calvo, María León, Adriana Paz, Tenoch Huerta, Rafael Téllez,
Produtora: Icónica Producciones / Lazonafilms
Xénero: Drama
Sinopse
Álvaro sepárase da súa muller, Amanda, unha exultante escritora de best‐ sellers, e decide afrontar o seu soño: escribir unha gran novela. Pero é incapaz; non ten talento nin imaxinación... Guiado polo seu profesor de escritura, indaga nos alicerces da novela, ata que un día descobre que a ficción se escribe coa realidade. Álvaro comeza a manipular aos seus veciños e amizades para crear unha historia, unha historia real que supera á ficción.... 
XOVES 11, ás 19:00h e 21:00h

ESPECIAL FESTA DO BOTELO
TODO SOBRE O ASADO 
Dirección: Mariano Cohn, Gastón Duprat
Argentina, 2016
86 min.
Guion: Mariano Cohn, Gastón Duprat
Música: Sergio Pángaro
Fotografía: Joaquín Silvatici
Productora:
Televisión Abierta
Xénero: Documental
Sinopse
Todo sobre o asado é unha viaxe ao profundo da Arxentina. O asado é unha comida e un ritual. É primitivo e contemporáneo, salvaxe e refinado, unha arte e unha ciencia. Poucos fenómenos revelan con maior orixinalidade e precisión os trazos esenciais da identidade nacional. Por primeira vez unha película faille fronte a esta tradición case sacra cunha mirada filosa e incorrecta.
XOVES 18, ás 19:00h e 21:00h

O VERÁN DE 1993, Estiu 1993
Dirección: Carla Simón
España, 2017
97 min.
Guion: Carla Simón
Música: Ernest Pipó
Fotografía: Santiago Racaj
Reparto: Laia Artigas, Bruna Cusí, David Verdaguer, Paula Carballos, Paula Branco, Etna Campillo, Jordi Figueras, Dores Fortis,
Productora: Inicia Films / Avalon P.C
Xénero: Drama
Sinopse
Frida, unha nena de seis anos, afronta o primeiro verán da súa vida coa súa nova familia adoptiva tras a morte da súa nai. Lonxe da súa contorna próxima, en pleno campo, a nena deberá adaptarse á súa nova vida.
XOVES 25, ás 19:00h e 21:00h


Ningún comentario: