PROGRAMACION FEBREIRO_2018

WONDER WHEEL
Dirección: Woody Allen
USA, 2017
101 min.
Guion: Woody Allen
Fotografía:  Vittorio Storaro
Reparto: Kate Winslet, Justin Timberlake, Juno Temple, James Belushi, Max Casella,Michael Zegarski,
Produtora:  Gravier Productions / Amazon Studios
Xénero: Drama
Sinopse:
Na Coney Island da década de 1950 o mozo Mickey Rubin, un aposto salvavidas do parque de atraccións que quere ser escritor, conta a historia de Humpty, operador do carrusel do parque, e da súa esposa Ginny, unha actriz cun carácter sumamente volátil que traballa como camareira. Ginny e Humpty pasan por unha crise porque ademais el ten un problema co alcol, e aínda por riba a vida de todos complícase cando aparece Carolina, a filla de Humpty, que está a fuxir dun grupo de mafiosos.
XOVES 1, ás 19:00h e 21:00h


MOITOS FILLOS UN MONO E UN CASTELO
Dirección: Gustavo Salmerón
España, 2017
90 min.
Guion: Gustavo Salmerón, Raúl de Torres, Beatriz Montáñez
Música: Nacho Mastretta
Fotografía: Gustavo Salmerón
Reparto: Gustavo Salmerón, Julia Salmerón
Productora: Gustavo Salmerón
Xénero: Documental
Sinopse:
Julita, a nai, cumpriu todos os seus soños de ter unha familia numerosa, un mono e un castelo, e agora sofre os efectos da crise económica, sen diñeiro para poder manter o impoñente inmoble, e a base de iniciativa e tacto logra manter á familia a flote.
XOVES 8, ás 19:00h e 21:00h


UNHA BOLSA DE CANICAS [Un sac de billes]
Dirección: Christian Duguay 
Francia,  2017
110 min.
Guion: Jonathan Allouche, Christian Duguay, Alexandra Geismar, Benoît Guichard
Fotografía: Christophe Graillot
Reparto: Dorian Lle Clech, Batyste Fleurial, Patrick Bruel, Elsa Zylberstein, Christian Clavier,César Domboy,
Produtora: Quad Productions / Main Journey
Xénero: Drama
Sinopse
Segunda Guerra Mundial. Maurice e Joseph son dous novos irmáns xudeus que viven na Francia ocupada polos nazis. Para salvarse, deberán abandonar á súa familia. Facendo mostra dunha gran astucia, coraxe e enxeño para sortear aos invasores inimigos, os dous irmáns tentarán reunir a toda a súa familia de novo na zona libre do sur de Francia.
XOVES 15, ás 19:00h e 21:00h


DÉIXATE LEVAR [Lasciati andare]
Dirección: Francesco Amato
Italia, 2017
107 min.
Guion: Francesco Bruni
Música: Andrea Farri
Fotografía: Vladan Radovic
Reparto: Toni Servillo, Verónica Echegui, Carla Signoris, Luca Marinelli, Valentina Carnelutti
Produtora: Cattleya / Rai Cinema
Xénero: Comedia
Sinopse
Elías é un psicoanalista freudiano xudeu ao que o médico lle recomenda unha dieta estrita e algo de
deporte para baixar uns quilos de máis. Así é como coñece a Claudia, unha atractiva adestradora persoal obsesionada co culto ao corpo, pero moito menos da mente..
TRAILER
XOVES 22, ás 19:00h e 21:00h

Ningún comentario: